Olá!!!! Olá!!!!

Foto: discos ultraqánidos esperando por vós, arriba á dereita da es-tonteria
Foto: discos ultraqánidos esperando por vós, arriba á dereita da es-tonteria

Acó estamos!!!

Cos coñecementos informáticos própios dun oricteropo (O oricteropo,  de nome científico: Orycteropus afer, é um mamífero africano e o único representante vivo da ordem Tubulidentata, da família Orycteropodidae, e do seu género), acó estamos os Ulträqäns nesta experiencia de ciberxestión autoinflinxida :D

 

Aínda estamos en fase de andamiaxe e encofrado do noso pequecho lugar, así que aceitamos todo tipo de suxerencias vosas feitas co máximo rigor pero co máximo agarimo, para enxergar esta ferramenta deseñada para chegar ás vosas casas, aos vosos telefones, aló onde queira que estén :D

 

Antes de despedir-nos, como estamos na época na que o apalpador vaia apalpar-vos/nos para saber dos vosos ghustos musicais, lembrar-lle ao noso amigo courelán que encha os sacos do noso ulträdisqö, ou se non, podedes ir vós directamente á tenda a merca-los ;)

 

Saúde, amigh@s, e unha aperta ulträqänida!!

WOUF!!!!

Write a comment

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR