Chanchos, ectoplasmas e cintas de casete

Xa o dicia o grande Nacho Taibo, en "Soño 77/1", Logo de tantos anos.... pois si! Logo de tantos anos, cando aínda non había interné, nen os coches voaban, nen nos podíamos teletransportar de Curtis a Gorgullos-Tordoia... despois de enxendrar o completo bestiario-poético-moinante que foi o disco dos Papaqueixos A Lóxica Aplastante do Comité de Propaganda, ocorre un feito cuase-milagreiro.


 

Ao igual que as caras de Bélmez, xurdiu unha aparición por xeración espontánea, como medran os micelios na froita madura, apareceu-nos de súpeto o disco dos Papaqueixos nun recuncho da nosa Ultra-web!!

 

 

Teremos que chamar a Friker Jiménez para que faga unha pesquisa axeitada, ou se non, para ir tomar-lle xuntos uns guarisneis ou uns tróspiros de cañita brava.

Write a comment

Comments: 2
  • #1

    Que volvan os papaqueixos!!!!! (Wednesday, 09 January 2013 19:46)

    Pero XA a situación requíreo, xa basta de placebos e sucedáneos!! Only Papas old style inmediatamente!!!

  • #2

    Jesenia Thorp (Sunday, 22 January 2017 14:19)


    I got this web site from my buddy who shared with me on the topic of this web site and now this time I am visiting this web page and reading very informative articles at this place.

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR