Jämïröqüäï Ulträqänizädo

Concherto!

 

Énche-nos de bandullo e satisfacción anunciar-vos a próxima invasión Ulträqänida. Todo o mundo sabe que Ortigueira limita coas Somozas e As Pontes polo sur, con Cariño, Cedeira e Cerdido polo occidente, Mañon pola zona de levante e con Inglaterra polo norte.

 

Por que esta entrada tipo atlas? Por que o reis do funki-british, os Jamiroquai van ter a sorte e a honra de ser versionados por 5 mestres coruñentos de pro!

 

Seguindo a estrela funki-polar, temos aos qänmärrädäs Manu (Guitarra) e Pablo (agora nas teclas, pero podia ser o saxo ou o helicon sen problemas!) bogando na chalana que leva ao ultraqanismo ao planeta funk. Tamén estarán enrolados na funktripulación o máster dos parches e repeniques, Mr. Pulpiño Viascón, e os xenuinos sheriffs da síncopa negroide cascarilleira por excelencia: Brais (voz e guitarra) e Fran (bass-man) dos enormérrimos Loretta Martin

 

Onde?: Nun dos templos do rockoruñés, o Garufa

Cando?: Sábado 12 xaneira e xaneiro.

Por que?: Porque nos peta e nos dá a gana!

 

Que aproveite!! e pasalo ben!!

 

E aghora poñemos un videaco! :)

Señora, por se se perde, a grande cita coruñenta será... mire eiquí abaixo!

Write a comment

Comments: 3
  • #1

    ultraqans (Thursday, 10 January 2013 12:38)

    Superafavor o de limitar con Cariño!! :D

  • #2

    Cachisnamar (Thursday, 10 January 2013 16:10)

    O sábado ulträfestäzä asegurada con estes cracks!!

  • #3

    oleiro70 (Friday, 11 January 2013 06:31)

    Passá-lo bem e nom se mancar! Mágoa nom poder assistir :(
    Que o pulpinho leve o Zendrum-Guitarra!
    http://www.youtube.com/watch?v=DE2yuEilzrw
    Olho ao meu, como sempre, agudo comentário :D
    Saúde

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR