Tic, Tac... The Final Countdown

Pete na foto señora, a ver que pasa!
Pete na foto señora, a ver que pasa!

E podería ser que falaramos do mítico tema do non menos mítico grupo heavy-pasteloide agromado na localidade de Upplans Väsby (Sverige) ... pero non, amigos, non vai ser desta vez... aparte de que igual non temos o mesmo pelo non, nen sequera o temos algúns de nós, pero somos mais ghuapos ca eles, non é?

 

Tampouco estamos a preparar o lanzamento do noso R7-Semyorka petado de Soyuzes que temos oculto no local de ensaio... poderia ser pero non desta volta...

 

... en realidade estamos a seguir o "Tic Tac" das agullas do reloxo de Alberte porque se está a xestar un lanzamento nunha das mais importantes factorías musicais paralelas ao mundo Ulträqänido: A Banda Tic Tac do "grande xefe" Pablo Díaz.

 

 

Pablo estivo este tempo en Fisterra a argallar xunto cos seus colegas, o Cocho Celta e o Trasno, un novo planeta inzado de Garabanciñas ecoloxistas, Piollos e Pulgas namoradeiras, ou Cans de Trapo que enrolan en tripulacións Piratas! Por certo o Apalpador da fé de que todo isto é así!

 

 

Así, que amigh@s... sen querer adiantar mais do que podemos e do que queremos, os nosos intrépidos reporteiros infiltrados ulträqänidos, seguirán á espreita para dar mais primícias discográficas, axexando como só axexa o Moucho Chosco...

Mr. Díaz está a discutir uns arranxos de baixo elétrico durante un intre da gravación
Mr. Díaz está a discutir uns arranxos de baixo elétrico durante un intre da gravación

Write a comment

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR