Ulträcentënariazö!!! 100 Qöncertos nun lustro!

Grelo Folc de Monfero, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Rebumbio de Mos, Lugnasad de Bretonha, Festigal de Compostela, Festa da Carballeira de Zas, Festa Folc de Vilariño, Festival da Chaira, Festas da Dorna, Antros Pinos de Taragoña, Magosto Celta de Balboa, Festival As Revenidas de Vilaxoán, Terra e Língua de Artábria, Festival de Naraio, Festival da Poesia de Salvaterra, Festival de Pardiñas, Terra Brava do Íncio… até chegar logo alén dos petoutos no Womad de Cáceres, no Festival Mendebala de Bizkaia, ou en Nafarroa, Gasteiz, Vallekas, Valladolid ou Segovia…

 

Quen o ía imaxinar cando por vez primeira nos xuntamos alá polo 2007 nun piso que salvou da piqueta de derrubo en pleno Monte Alto. 99 Qóncertos!! 99 ulträqänizacións consumadas!!

Agora, e con máis forza, somos um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos, si senhora, QUÏLÖËSTÄLÖS!!

Con motivo do ulträbölo número 100, imos montar unha pequena festa nese templo da música corunhesa situado no número 10 da rúa San Francisco, a sala GARUFA.

 


Nestá ocasión especial non estaremos sós no palco porque para festexar o noso qöncerto 100 teremos aos amigos de " Ponxa Intenso" que farán o seu debut, si oh, o seu primeiro bolo!! pero ollo, que con outras bandas xa tenhen un longuérrimo percorrido.



Ulträqäns reivindicamos a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo!

Ulträqäns maltratamos claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade!

Ulträqäns quer abrazar-vos fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo
licor café!

 

O Concerto:

Onde?: Nun dos templos do rockoruñés, o  Garufa

Cando?: Sexta Feira 8 febreiro.

Por que?: Porque nos peta e nos dá a gana!

E por se vos perdedes, e tedes medo de chamar a um guarda! Acó temos o xeito perfecto de chegar!!! Agardamos por vós e pasamos lista!!!

Write a comment

Comments: 2
  • #1

    Teofila Henegar (Wednesday, 01 February 2017 00:15)


    I visited many websites except the audio feature for audio songs current at this web site is in fact fabulous.

  • #2

    Devorah Oates (Monday, 06 February 2017 07:15)


    I simply couldn't go away your web site before suggesting that I extremely enjoyed the usual info a person provide for your guests? Is going to be again ceaselessly to check out new posts

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR