Pois si!!! Novo vídeo Ulträqänido!! (Ranchos, Trolas musicofuturísticas e Cintas de vídeo)

Título do filme: “Folklorator”

O importante para poder ser ministro non é saber facer as cousas, non señora. O realmente importante é saber quen sabe facer esas cousas, e quen as sabe facer ben, con xeito e eleghansia.

Así que sabendo que o señor Xosé Bocixa Rei é un artista en toda aquela cousa que se propón, tiramos da sua xenerosidade para que fixera esta recollida ulträqänida o mes pasado. E agradecémo-lo ben! Do mesmo xeito que agradecemos a Pedrito Constenla que premera os botóns precisos para rematar o traballo que escomenzara o Amil coa mesa de mesturas decibélicas.

 

E sen mais dilación, imos logo co...

Robots con bó gusto musical, seguro!!!
Robots con bó gusto musical, seguro!!!

Argumento do filme:

“Do mesmo xeito que o minipimer sobreexcitado que era “Terminator”, viñera décadas atrás no tempo para executar á mai que pariu ao típico mesías de turno que redimira á humanidade da escravitude imposta polos Bender e os seus colegotes,… pois neste caso particular, na hipótese mais que provável de que outro “Folklorator” do século 33 viaxara atrás no tempo para buscar como era a música tradicional galega no limiar do século 21 (non sabemos con que espúreos fines), nós os Ulträqäns, en previsión de que tal cousa pasa-se ou acontece-se, perpetramos esta retro-recollida futurística, para facilitar o seu sacrificado e seguro que mal pagado curre.

Spoiler:

Todo isto é un pouco-moito troll, porque de tradis non temos absolutamente nada, pero a ver quen o demonstra no ano 4000 :D

 

Pero... pasen por favor, e non perdan ollo!

Datos do choio ou títalos de credito:

Gravación de vídeo con toma de son en directo do grupo Ulträqäns na sua formación “Expansión 2013”.

O lugar: Estudios Amil, no polígono da Grela da Coruña.

O tema interpretado é Ranchinchancha, que é unha deconstrucción da Ratchenitsa búlgara peneirada polos ferranchos sonoros ulträqänidos.

Xosé Bocixa (Tingalaranga) gravou e editou as imaxes.

Do son encarregáron-se Fran Amil e o máster da guitarra Don Pedrito Constenla.

Os deseños que se ven no vídeo son obra do debuxante de guarda ultraqänido Mr. Javi Prieto, of course!

 

Elenco actoral:

Saxo: Pablo

Batería: Amil

Guitarra: Manu

Frauta, EWI: Aarón

Baixo: Antón

A productora da pinícola é Tingalaranga

Write a comment

Comments: 4
  • #1

    sapoconchogalego@gmail.com (Saturday, 16 February 2013 20:32)

    ¡¡¡¡¡ Tremendo !!!! Agora mesmo o espalho....

  • #2

    Ultraqans! (Monday, 18 February 2013 12:54)

    Graciñas, meu! :)

  • #3

    Dani dende Barna! (Tuesday, 19 February 2013 20:09)

    Que gracia!
    Cando pecho os ollos e imaxino que vivo na Galiza do século 41, soño que ainda andan por ahi unha panda de músicos robotizados coa testa metida nun aquario e corpo de ferralla e fan unha musica coma esta!

    Unha aperta grande!

  • #4

    ultraqans (Wednesday, 20 February 2013 10:54)

    hohoho, no s.LXI estarán as nosas cacholas expostas no museo etnográfico Luar, onde daremos bolos semanais de música retrofuturista tradicional xunto ao grande Cañita Brava!
    Unha aperta Dani!

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR