Zoo-upando nos paláns, chegaremos os Ulträqäns!

Habemus qöncerto!!!! WOUF!!

Xa o dixo o grande Zimmer 103: "Iste sábado armámola no Billarda All Stars en Muimenta, o primeiro micro-festival de Rock Indixenista na Galiza!!!"

E chega á chaira o acontecimento esportivo mais esperado a esta beira do Atlántico Norte!

E como bós animaliños que somos (fóra ou dentro a ialma), aló estaremos xunto cos qänmaradas Ex-Tensión Agraria,  zoo-upando no palán, chegaremos os Ulträqäns!!

 

A organización do macro-evento estará nas precisas mans da “Asociación Carabullo", de feito, tal e como din estes rapaces tan espilidos na sua web:

 

"O polideportivo do colexio de Muimenta será o lugar onde se daran cita as máis grandes estrelas da LNB. Ás doce da mañá comenzará o concurso de triples, de seguido o concurso de mates, onde un xurado decidirá cal é o mellor mate billardeiro, e para acabar a primeira parte do All Star, un concurso de habilidades coa billarda. Despois é a hora de xantar, e para iso o Restaurante Anllo ofrecerá un menú a todas as persoas que asistan ao All Star. Xa co bandullo cheo voltaremos ao polideportivo para desputar o «aberto das estrelas», Norte Vs Sur.

Pero aquí non remata a festa. Pola noite, no bar «O Saloon» de Muimenta a tribu billardeira desfrutará de dous dos grupos máis grandes do País. Os Ulträqäns e os Ex-Tensión Agraria ofrecerán un concerto que promete pasar á historia pola súa contundencia musical! Concerto no que a entrada será de balde."

 

En fin, xa sabedes de que vai isto! CARABULLO POLO AR! CARABULLO POLO AR!!

En Cuba cháman-lle QUIMBUMBIA, na Galiza, billarda ou estronela, se hai que cruzar o charco nun par de golpes de palán, fai-se, que carallo!

Preme no botón da dereita para Quimbumbiear!!


O concerto será exactamente... mire abaixo e deixe-se levar pola frecha!!

Write a comment

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR