Sarandon-Ga con Susan Sarandon en Sarandón!

Pois si, oíron ben SARANDONGA!! Pero non esa na que estades pensando, senón a de "La Sonora Matancera" a orixinal e xenuína peza cubana. E por que? Pois porque este Domingo os ulträqäns xunto cos irmáns do Sonoro Maxín e A Requinta da Laxeira ímonos de sarandonga, festa brava etílico-culinaria con Susan Sarandon A Sarandón!!!

 

 

Tomaremos uns tróspiros de auténtico viño da Ulla arrimándolle unhas racións de Polbo e unhas filloas envoltos nunha átmosfera pangalaica neomedieval retrocontemporánea de música tradicional, cumbia, folq, punk e rock que o metilo convertirá en fantasía.

 

 

Non hai máis que decir!! Este domingo, no canto de quedar na cama e perdelo día, todos de festa a Vedra!

 

 

 

 

 

Cando?... O Domingo 14 de Abril.

Onde?... En San Miguel de Sarandón, Vedra.

A diva, dona Susan Sarandon, agardando polo concerto, preparada para tronzar o torreiro da festa!!
A diva, dona Susan Sarandon, agardando polo concerto, preparada para tronzar o torreiro da festa!!

Write a comment

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR