Toc Toc! O Apalpador peta na porta!

Toc Toc!! Xa estamos acó!
Toc Toc!! Xa estamos acó!

Toc Toc!! Toc Toc!! Chegou o Apalpador petando na porta!

-Quen vai!

-Son o Apalpador, que chega de Ferramulín!

-Tamén coñecido como Pandigueiro, polas terras de Trives?

-Si, ho! Ese mesmiño!!

-E levas unha longa barba e fumas en pipa?

-Efectivamente, señora, levo barba e todo iso!

-E levas castañas??

-E algún disco tamén! E tamén cousas da tenda dos Ulträqäns!!! E abra que vai friaxe! Brrrrr!!!

Trebellos varios dos camaradas do metal de antes, pero antes-antes
Trebellos varios dos camaradas do metal de antes, pero antes-antes

Pois efectivamente, queridos amigos. Nesta época de noites longas e de invernía nos petoutos é cando baixaban os carboeiros, co carbón de raíz de turgueira ou uz, para que a forxa dos ferreiros puidera seguir o fenómeno da coalescencia da masa de ferro quente na fornalla do ferreiro!

 

A día de hoxe, o ferro mercámolo nas acerías chinesas e empregámolo... boh! para pouco despois do ataque ao noso sistema productivo!... pero isa é outra historia...

De que falabamos? ... ah! O conto é que a día de hoxe, a cuadrilla de apalpadores e pandigueiros doméstica xa non traballa tanto no tema do ferro, así que se meteron noutra industria tamén atacada polas forzas do MAL, que é o mundo da cultura!

 

E si, queridas amigas e amigos, a cuadrilla de apalpadores e pandigueiros están preparados para repartir este nadal libros e discos galegos a tutiplén, entre eles esta marabilla (non podemos ser obxectivos, xa que algún que outro ultraqánido anda por aló metido), que levamos seguindo desde hai meses a súa xestación, que é o novo disco de Pablo Díaz e a sua banda, o Toc Toc chega acó!!

O Apalpador carretando nos discos!
O Apalpador carretando nos discos!

Despois de editar o primeir traballo "Tic Tac" aló polo 2009, non era sen tempo que chegara a segunda entrega, feita sen presa pero sen pausa como se facía o carbón de turgueira.

 

A banda composta por Carlos Freire á batería, Diego Barral á guitarra, Álex Fente ao acordeón e Antón ao baixo, dirixida polo xefe Pablo Díaz coa inestimável axuda de Olaga Kirk, volven á carga con 13 temas cheos de piratas con loros, ratos e gatos dialogantes, mazaricos con cabuxas, piollos e pulgas namoradeiras e garavanciñas ecoloxistas nunha orquestra zoolóxica metida no saco do noso amigo carboeiro.

 

Na banda tamén pasaron outros fenómenos como Sergio Delgado, Fran Amil, Santi Cribeiro, Roberto Grandal, Dani Cerqueiro, Juan Tinaquero ou Juan Naya... vamos que esto é o como o SuperDépor de Irureta, onde había polo menos 2 homes en cada posto!.

 

Se o primeiro disco xurdiu como unha suma de colaboracións (e que colaboracións! Carmen Rey, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Pedro Lamas... entre outros) que daban a cada tema un carácter diferenciado, o resultado do novo traballo é mais homoxéneo, dado que é o resultado de 4 anos de xiras da banda, facendo un son característico que ten como patrón o rock acústico con toques folk, pero sen deixar de facer chiscadelas ao mais tradicional ou até os ritmos mais "sabrosones"

O disco xa se presentou no Culturgal con grande éxito (todo hai que dicilo), e agora están a preparar unha série de concertos polo país, estando confirmados a día de hoxe:

 

- 8 de decembro ás 17:00 presentación de TOC TOC en Lume na Palleira (Radio Galega Música) e ás 00:00 (xa día 9) no programa da Radio galega Tres Peixes Voando
- 13 de decembro ás 18:00: presentación TOC TOC Fnac da Coruña
- 13 de decembro ás 21:00: Gala de entrega de premios dos Premios da Música no pazo da cultura de Pontevedra
- 14 de decembro ás 18:00 TIC TAC en Porto do Son
- 21 de decembro ás 18:00: TIC TAC en Serra de Outes
- 27 de decembro ás 18:00: TIC TAC no Milladoiro (Ames)

Cola no Culturgal 2013 para facer-se con un Toc Toc!! Quítannolo das mans!!!
Cola no Culturgal 2013 para facer-se con un Toc Toc!! Quítannolo das mans!!!

En fin, pilarín... que... que imos dicir mais deste Toc Toc! Vaian e escoiten, querido público!!

Write a comment

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR