Como o Vento! De Lisboa a Bizkaia

Pois é chegada a hora de facer un pequeno adianto do que vai ser o segundo ulträdisqö que a día de hoxe estamos a financiar!!

 

E este pequeno rascuño é grazas ao galego afincado en Euskal Herria, Don Davide "Material" Cabaleiro, un clásico coruño que nos fixo unha visita ao noso local de ensaio para facer unha gravación "aquí-te-pillo-aquí-te-mato" coa sua cámara para un filme sobre o Mendebala e os grupos que por alí pasaron. Se queredes ver o vídeo noso está despois deste corpo de texto.

 

Que que é o Mendebala? Pois é o festival feito en Sopuerta (Bizkaia) no que participamos os Ulträqäns na sua edición de 2012, miren... miren o cartaz dese ano...

Este é o cartelón do 2012!!!
Este é o cartelón do 2012!!!

Este foi o momento en que o amigo Davide fíxo-nos a visita nas instalacións ultraqánidas nos Estudios Amil no Polígono Industrial da Grela, na Prolongación de Juan de la Cierva!!

 

Aínda botamos unhas risas!


Así que sen pensalo puxémo-nos a facer a nosa particular versión do xa clásico do rock galego "Coma o Vento"... miren, miren o llutuff!

Gostaron? Agardamos que si!


Pero antes de continuar... se nos permiten... un chisco de publicidade!! COLABORA CO QUE BOURA!!! INVISTA EN BONOS ULTRAQÄNIDOS!!!

Efectivamente, "Como o Vento" foi inicialmente popularizado na terriña polos Radio Océano, de feito foi  tema máis mítico (con permiso de Terra Cha) do seu único disco "Nin falta que fai", do ano 1985 (efectivamente, foi o ano da morte de Konstantin Chernenko), escoiten amigas, esta versión da época pre-perestroika-bluff...

Efectivamente! Porque é unha versión adaptada tanto a música coma a letra deste tema de Sétima Legião, o grupo do lisboeta Rodrigo Leão. Pois é, queridos e queridas, a alma mater de Madredeus tiña un grupo after punk ou similar puramente oitentero: xa sabedes, bateras electrónicas de todo a cen e moito flanger con empampuzamento de tecladiños :-p


Orellen por favor esta peza orixinal:

Espertaron xa? Ben, continuamos... A banda de Xosé Manuel Pereiro (alias Josito Pereiro, a.k.a. Johnnie Rotring) tivo a feliz idea de centrifugar o himno procesional primixenio para criar o outro himno que escoitamos antes. Cómpre subliñar que a palabra "himno" non quere dicir o mesmo no primeiro uso da mesma que no segundo, ou sexa, explíco-me que o segundo uso era para unha canción punkgalaica celebrada en todo tipo de bochinches, romarías e garitos rockeiros, que todo hai que dicilo.

 

De feito, Os Diplomáticos de Monte Alto unha década despois (1995, ano da Primeira guerra Ruso-Chechena), rescatan o tema e dan-lle outro pulo harmónico no seu disco "Avante Toda", provavelmente o mellor disco da música rock na Galiza (si! que pasa?). Ah! e tamén está Josito facendo voces, por suposto... pasen e vexan:

Que pasou despois? Que este tema foi incorporado ao repertorio de grupos como Os Tres Trebóns, Ondas Martenot, Banda Fura Fura, os camaradas Avante! e os viciños montealtunos de Trapallada, polo menos que saibamos nós. É certo que hai moita promiscuidade de músicos entre todos estes conxuntos musicais dos que falamos agora, pero que lle imos facer señora, o rock galego e mais nós somos así!!!

E para rematar! Aquí temos o "Como o Vento" que fixemos un par de ultraqánidos xunto co mestre Martin Wu (The Homens, Grampoder...) hai xa uns anos nunha noite de homenaxe a Radio Océano na Sala Nasa... pero iso xa é outro conto...

E aquí temos un cacho de directo roubado á banda metaleira de Loureda dos Avante! xunto con outro vello amigo dos ultraqánidos, o Leo Arremecaghoná! acó andan coma o vento ou polo aire, como dicía o clásico ;)

 


REVISIÓN 1 DA ENTRADA!

 

Pois si, porque é imperdoábel pola nosa parte que non nos lembráramos doutra cacho versión, mais libre e orixinal, que fixeron a pedazo banda que son os NAO!... ademais porque a primeira vez que a gravaron, estaba un ultraqan organizando o disco Homenaxe a Diplomáticos... e agora, os NAO sacan un discazo que debedes mercar si ou si! ;) e acó vai esa versión que completa e pecha esta entrada!!!

Write a comment

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR