Alberto Mbundi e a Turma Angolo Galega

“Alberto Bundi” chega a Europa procedente de Angola a princípios da década dos noventa. Depois de percorrer Portugal coa sua voz e guitarra segue a sua andaina cara o norde e estabeléce-se en Vigo, cidade onde continua tocando en locais na sua teima de facer chegar a sua mensaxe e música a un público cada vez maior. Con motivo da realización dunha reportaxe sobre a integración dos africanos en Europa, coñece na Coruña aos membros do grupo musical “Os Papaqueixos”, coñecido e veterano grupo folc-rock galego, famoso polo carácter festeiro das suas composicións. O mesmo dia gravan a sua primeira maqueta.

Deste encontro xorde “Alberto Bundi e a Turma Angolo-Galega (ou galaica, a saber...). Turma significa “cuadrilla”, xente que se reune para a festa. O nome é axeitado xa que os concertos desta formación rematan sempre co público entregado às ganas de se divertir (“Alegria sim, Tristeza nâo!”).

 

Pola banda, pasaron:

-Alberto “Bundi”:Guitarra acústica e voz.

-Antom Días: Baixo eléctrico.

-Pedro Constela: Guitarras española e eléctrica.

-Tino Vilaro:Guitarra.

-Paco Ramos:Mandola portuguesa.

-Ricardo Casás:Saxo.

-Manuel Montero: Frauta traveseira.

-Fran Amil:Batería

-Fernando Lamas:Batería.

-Men: Bateria e percusión.

-Ángel San Luís: Voz e percusión.

 

Esta formación desfíxo-se no ano 2003.

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR