Deixa que Xa! O xérmolo Ulträqänido!

DEIXA QUE XA é un grupo de persoas interesadas pola música e danzas tradicionais, independentemente de onde procedan, pois sentimos que todas teñen unha raiz común:

-         A expresión de sentimentos

-         A celebración de acontecementos.

 

Apostamos polo intercambio e irmandade entre culturas, e para isto, é fundamental que todas e cada unha delas sexan respectadas e protexidas pois sen elas este intercambio e a inmensa riqueza que deriva non seria posíbel.

 

O grupo creouse no ano 2000 e actualmente está composto por 6 músicos e 6 bailaríns.

 

Todo o noso repertório está baseado en músicas e danzas tradicionais, aínda que leve engadido o noso “toque” persoal.

 

O que tentamos, sobre de todo, é que esas músicas e danzas tradicionais saian dos musesus, baixen dos cenários e recobren vida.

 

E vida é, entre outras cousas, evolución en cambio.

E de agasallo, poñemos á vosa disposición un par de temas gravados en directo no Festival Terra e Língua de Artábria!

E de bóla extra! outro temiña mais!!

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR