Os Papaqueixos

"Descoñecidos para moitos, banda de culto para outros, os Papaqueixos son unha banda heterodoxa que soubo fusionar folc, funk e ska coa mesma intelixencia que deitaban nas letras das súas cancións. Formados a mediados dos noventa, fundadores de Amelga, a asociación de músicos en lingua galega, os Papaqueixos pertenceron dende os comezos ao movemento Bravú.

 

De feito aparecían no disco que apresentou en público o movemento, Unión Bravú, cunha versión longa de Matías, o morcego un dos temas do único disco que sacaron nos seus 5 ou 6 anos de vida, A lóxica aplastante do comité de propaganda, (1999), convertido hoxe en obxecto de culto. Malia a moitísima diferenza na proxección mediática, probabelmente xurdida noutras diferenzas de máis calado, o certo é que hai quen asegura que Teknotrafikante, o irreverente hit parade daquel traballo discográfico, representa o Galicia caníbal dos anos 90.

 

O retrousiño do Sito Miñanco! Preso político! soou arreo e non só en Galiza, mais deseguro con máis raiba, -e rexouba-, aquí, entre unha mocidade que medraba mirando como políticos e narcotraficantes compartían decote mesa e mantel. Mais así como chegaron sen facer moito ruído, os Papaqueixos desapareceron silandeiros, ao tempo que esmorecía todo o Bravú, e mentres que algúns dos seus membros abandonou o primeiro plano musical, outros continuaron a súa andaina noutras formacións. Banda Potemkin. Os Tres Trebóns. Ultraqäns. O Jarbanzo Nejro. A traxectoria posterior dos integrantes da banda espállase por moitas das formacións de rock galegas dos últimos 10 anos. (...)

 

Nunca máis se volveu xuntar arredor dun proxecto de rock ou de folc rock no país tanta calidade, inconformismo e imaxinación como co sexteto coruñés. O seu disco é unha bomba sonora onde se misturan a retranca, a poesía, a sonoridade celta, o punk e o Cuco de Velle para lle pór música a unha visión surrealista e desgrazadamente real da Galiza dos anos 90. Zarrapicados con “retallos” delirantes onde a banda expresa filias, fobias e paranoias, os trece temas do traballo presentan unha diversidade cargada cara ao folc rock no musical e cara á ironía absoluta nas letras. Entre o virtuosismo na gaita de Xan Xove e a contundencia da base rítmica que argallaban entre os bombos Fran Amil e no baixo Antón Díaz, voaban frauta, Manolo Montero e guitarras, Paco Ramos e Faustino Vilaro para apresentar pezas que podían choutar nun segundo da dozura do tradicional á potencia do punk-rock sen que a mudanza parecese estraña."

Daniel G. Lavesedo

Bola extra! Recuperamos 4 temas gravados no ano 98 do século pasado!!

Xunto co coidado virtuosismo das Ménades e da elegancia de Ávalon, meterom-se na final de xeito inesperado estes rapazolos sen critério e co atrevimento que só da a inconsciencia :D

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR