Os Tres Trebóns

Escoita acó "Estrume", do disco homenaxe aos Diplomáticos "120 Capadores"

A Coruña. Cambio de milenio. En torno ó faro herculino, tres veteranos do campo da festa: Xurxo Souto (acordeón e voz), Antón Díaz (baixo, contrabaixo e voz) e Fran Amil (batería e voz), decidiron botarlle as súas rancheiras-punks polos camiños do mundo, espallando o seu decálogo da treboada.

Estas forzas da natureza, cunha peregrinación de máis dun lustro polos campos da festa galegos, descargan as súas repichocas treboentas co apoio da enerxía e o poder de auxilio dos Homes sen Medo (Martiño Mato, Manu Paino e Olivier Cano), artífices do dancing petouteiro, tamén contan coas colabouras de Xan, Nacho e Tania de Jarbanzo Negro cando veñen traidos pola tramontana dende terras de Catalunya e Menorca!, ou cando Aarón Ulträqäns sopla polo furado da gaita, que recolle o ar da refinería de Meicende, e o convirte nun furacán esmorgueiro.

A Treboada Total ou a Gran Treboada pode caer, sen previo aviso, en calquera punto cardinal para refrescar o estío co poder da palabra e o peso das historias que voan como o vento… baixo dos esconxuros atmosféricos…

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR