Ulträdixestión en GzMúsica!

Ordes de Stalin, nenos. Polbos mecánicos e astronautas perdidos e crechos chegados da vella Unión Soviética. Bankrobber cuspindo cores e ChapeLuisa máis ghuapa que nunca. Ata os Iron Maiden se poñen tesos.

ULTRAQÁNS dando voltas no equipo do meu salón.



Seguir lendo...

Entrevistaza no magazine cultural de Montse Dopico!! :D

Psicodelia enxebre com raízes bravus. Steampunk. Ciberfolk. Dancing escachístico. Bravu 5.0. Música retrovanguardista e música tradicional europea levada à era disco. Irreverência punk. Assim se definem Ulträqäns, que têm novo trabalho. Entende-o como quiseres.


Ulträqäns na TVG: "Diario Cultural"

Ulträqäns presentan novo disco no vinte aniversario do Bravú

Ulträqäns son bravú e punk de taberna, rock irreverente música balcánica entre outras moitas maneiras enerxéticas de estar no mundo que agora presentan un proxecto que definen como “esixente e comprometido”, acorde coa conmemoración do 20 aniversario do Bravú.

 

 

Seguir lendo!!!

Ultraqans da un xiro innovador no bravú no seu segundo disco

Llevan siete años en activo, pero ahora quieren ir más allá, “evolucionar”, apuntan ellos mismos. Los integrantes de Ultraqans tienen nuevo disco, “Ultraqans II”, en el que siguen bebiendo de las fuentes del rock bravú primigenio pero “con una vuelta de tuerca”. Ayer celebraron una sesión vermú en la sala Garufa para dar a conocer su trabajo. Cuatro de los cinco músicos, una mesa, un vermú y su música de fondo en una sala -“un templo de música en la ciudad”- vacía para la ocasión.

 

 

 

Seguir lendo!!!

O novo bravú 5.0, por Ulträqäns

As melodías, influencias e instrumentos que compoñen o último traballo de Ulträqäns resúmese coma un "speed folk psicodélico dance escachístico", segundo recoñecían entre risos os seus integrantes durante a presentación do concerto desta noite. Desa primeira achega celebrada onte no Garufita, Uträqäns desprázase esta noite ás 22.30 horas a nova sala Garufa Club (Comandante Barja, 5), onde estrearán o seu segundo disco cunha actuación en directo á que se sumarán os vigueses da Banda de Andrelo e colaboradores como Leo i Arremecághona!.

 

 

Seguir lendo!!!

Ulträqäns contraatacan co seu segundo disco

"Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodelia enxebre con raíces bravús". Ulträqäns continúan coa mestura de ritmos no seu novo traballo, titulado simplemente Ulträqäns II. O ritmo frenético e as letras irreverentes mestúranse nunha proposta que de certo ha se deixar sentir nos festivais do verán. A sala Garufa da Coruña acolle esta mañá unha escoita comentada na que o grupo dará a coñecer o álbum, e o venres 27 o concerto de presentación, no que o grupo estará acompañada por A Banda de Andrelo.

 

 

Seguir lendo!!!

Ulträqäns nos "Somos Quen" da Radio Galega apresentando o segundo disco!

Para escoitarmos acó mesmo!!!

O noso Ultradisqö na revista alemá "Folk World"

O departamento de "Internacional" de Ulträqäns mánda-nos esta deutsch-ligazón!!!

"New album from 2011 by Spanish band Ulträqäns. This quintet plays party folk-rock with Celtic, mediterranean, French and other world grooves. Their instrumental music is a blend of this with rock, metal, funky rhythms. Unsubtle dance music that brings every living room in a party atmosphere in no time. With only an occasional moment to breath, this band goes full speed ahead. Hard to hear the difference from many other bands in this vein, but an album with a positive vibe with a raw edge."

 

 

 

Seguir lendo!...

Para moitos, os mellores da noite!

Non imos nós levar a contrária á xente que fai a publicación oficial do Mundo Celta de Ortigueira, señora!! ;-)

"Ulträqäns, para moitos, os mellores da noite. O lider da banda soubo meterse no peto ás milleiras de persoas que brincaban na Alameda; e todo isto cunha música enérxica e que verdadeiramente soaba a Festival. Quizais demasiado rockeiros, pero o que é certo é que o público recolle moi ben eses novos sons que, pouco a pouco, van internándose nas bandas folk e celtas"

 

 

 

Seguir lendo!...

Ultraqans en Histéricas Grabaciones

A publicación musical española "Histéricas Grabaciones" interesou-se nas nosas ultraqanadas cando fixemos a xira "Pequerrecho World Tourr" que nos levou por Segovia, Cáceres, Valladolid, Vallecas e Gasteiz

"Ulträqäns son un grupo gallego formado por Aarón Bouzón (flauta travesera, Ewi4000s, whistles y gaita), Antón Díaz (voz, bajo y contrabajo eléctrico), Fran Amil (voz, batería y programación), Tino Vilaro (guitarra) y Tomás Saiz (acordeón piano).

Se inspiran de composiciones tradicionales de Bulgaria, Rumanía, Rusia, Armenia, Irlanda, y por supuesto, Galicia, para fusionarlas hasta conseguir una mezcla particular, fiel a la consigna de llevar las músicas de raíces tradicionales a las “discotascas”…"

 

 

 

Seguir lendo!...

Ulträentrevistä colectiva en Música en Galego!

Isto é unha auténtica ciberentrevista interactiva, perpetrada en grupo na primeira semana do ano 2013, ano 5 da era ulträqänida. É a resolución dun compromiso adquirido co blogue mais traballador da música galega.
E nós estamos encantados de ulträqänizär ese lugar fertil da música galega na rede… e todo iso seria imposível sen a colaboura dos nosos amigos que colaboraron dun xeito entusiasta neste ciber-retrinco ultraqánido!!!

 

 

 

Seguir lendo!...

No Cartafol de GzMúsica!

Unha tarde de maio de 2007, no Monte Alto berce do Bravú nacen Os Ulträqäns. O grupo xorde anos despois da desaparición dos Papaqueixos, grupo no que tocaban desde o seu comezo Antón Díaz e Fran Amil, (...)  Considerados por moita xente coma os sucesores naturais daquela histórica formación bravú, o certo é que os Ulträqäns atesouran moitas das características dos primeiros, idiosincrasia e base rítmica incluídas, mais camiñan un carreiro non tan amplo no que a estilos musicais se refire. Co complicado que resulta dicir isto dunha banda capaz de unir unha muiñeira e Iron Maiden e saír moito máis ca indemnes do experimento, o certo é que Ulträqäns practica un punk-folk acelerado, con apenas intres de acougo, cun amplo protagonismo instrumental, apenas rachado polo agro-prop, os tanques soviéticos e a odiosa crítica musical.

 

Seguir lendo!...

No Portal Galego da Língua!

 

Os Ulträqäns recolhem, em certo modo, o testemunho dos velhos Papaqueixos num jeito de entender a música. A chave do assunto é carecer de preconceitos musicais, misturar tudo sem pudor com a ledícia que nos dá a incosciência e conservar um chisco de rebeldia sem esquecer a tradiçom.
Os Papaqueixos morrêrom novos como todos os bons rockeiros, assim que alguém tinha que continuar na senda do punk-folque galaico. Eis a nossa missom neste cacho de planeta!

 

 

 

Seguir lendo!...

Entrevista a Ultraqans en Rockisome

Acó podemos mirar unha entrevista que nos fixeron os amigos da páxina de ROCKISOME:

"Na Galiza sen ánimo de ofender a ninguén,  cando falamos de orixinalidade na música,  case a collóns temos que falar desta banda de vellos foraxidos curtidos en centos de batallas(non so musicais, canto mal fixo o alcol nesta xuventude) en diferentes bandas; bandas que non vou nomear,  e se non sabedes cales son, buscade un pouco, preocuparvos de saber que non o vou facer eu todo. Co galo da gravación do seu novo traballo, puxenme en contacto con eles por medio do correo electrónico, non por que tivera medo de atoparme con eles en persoa, senón por que coma dí miña avoa: “nunca se sabe”. Bueno, deixome de lerias e  quedades co críptico mensaxe que agachan as verbas(e a música) dos Ulträqäns, deixovos cos máis qäns entre os máis qäns, cunha banda chea de talento instrumental e que conta co baixista con máis técnica e menos pelo da Galiza, quedades cos pais do psicofolq!!"

 


 

Seguir lendo!...

A TVG tamén caeu, si!

Tino, Aaron e Amil figurando guapos e lanzais ante as cámaras do programa matinal "A Revista" da TVG, emitido o 21-06-11. Moitas señoras á hora de preparar os callos na casa seguro que ficaron prendadas ante o despregue de beleza e locuacidade que eclosionaba dende o televisor que tiña instalada na cociña!! WOUF!

Ultraqans no chat de La Opinión da Coruña

Eiquí adicámo-nos a chatear e de paso lle tomamos uns chatos con Chita

"Qué e o punk folk de ciencia ficción?

» É moi doado.

1º: Cólla-se o disco de Ulträqäns.

2º: Insérte-se no seu reprodutor (musical, digo)

3º: Cóllan-se uns auriculares

4º: Póñanse de maneira que cada altofalante dos auriculares enfoquen a cada pavillón auditivo: dereito con dereito e esquerdo con esquerdo.

5º: No seu reprodutor, no potenciómetro de volume, que vai do 1 ao 10, póñao no número 11.

6º: Dar-lle ao play

7º: Degustar"

 

 

 

Seguir lendo!...

No Planeta Furanchooooo!!!

Psicodelia enxebre nen@s.

Música a toda pastilla. Neo-bravú espídico e anfetamínico. Punk de tasca, barrantes e rexóns. Melodías de furancho. Speed-folk ou o que queirades.

O ULTRADISCO xa está aquí.

Os máis cans de todos ensínannos por fín todas as probas do delito. E non son poucas probas nin poucos delitos.

17 cancións. 17 historias sonoras. 17 ouveos de Ultraqän.

E cun envoltorio de primeira. O deseño sobresaínte de Javi “Bankrobber” Prieto tanto na capa e contracapa como no interior dun libreto que arrasa.

 

 

 

Seguir lendo!...

Ultraqans e Sés!

Pola páxina do canal de Música Folk tamén pasamos, WOUF!

"O grupo Ulträqäns estivo respresentado nesta conversa con María Xosé Silvar polo gaiteiro e frautista Aarón Bouzón e o baterista Fran Amil. O trío non perdeu nunca o sentido de humor durante a entrevista."

 

 

Seguir lendo!...

Martin Wu tamén pasou por Ulträqänia!

O companheiro nembargates qämarräda non obstante amigo, o Sr. Martin Wu, que no seu dia formou o 25% do grupazo

The Homens tamén pasou polo planeta ulträqänido no seu día, como intrépido reporteiro-dicharacheiro da revista "Ao Vivo". Eiquí abaixo clique você e desfrute da crónica do noso amigo!


Como a resolución do artigo non e óptima, transcribimos acóembaixo o ulträtexto!:

As cancións de Ulträqäns saen polos altofalantes que as reproducen como un vendaval: veloces, frescas, feroces, levando todo o que atopan por diante. O grupo, formado polos ex-Papaqueixos Antón Díaz (baixo e contrabaixo) e Fran Amil (batería), e por Aarón Bouzón (frauta, gaita), Tino Vilaro (guitarra) e Tomás Saiz (acordeón), acaba de editar Ulträqäns, o
seu terceiro disco. Trátase, segundo din eles mesmos, dun “prato de contundente cocido galaico-balcánico aderezado cunhas pinguiñas de LSD”.


Un intercambio de correos electrónicos cos Ulträqäns pode ser algo tan psicotrópico coma os seus concertos e as súas gravacións. Por mail aseguran nada menos que saír “das entrañas dun oricteropo (Orycteropus afer ou cocho formigueiro) do Corgo Belga, en plena éxtase tras a contemplación da devastación do planeta Terra polo ataque dunha civilización extraterrestre pseudobiolóxica superior que… non ho! Somos uns rapazolos que andamos arredor dos trinta anos, da Coruña, e estamos fartos e aburridos de que ninguén toque a
música que nos gusta a nós mesmos”.

 

En Ulträqäns aplican en firme a máxima do faino ti mesmo. É un traballo autoeditado, porque segundo explica Antón Díaz, ideólogo do asunto, “se es quen de gravar o teu propio disco, o primeiro que acadarás e que sexa teu e de ningún mangante, digo magnate. As produtoras musicais son moi semellantes á banca: nunca perden, empregan o método de socializar as perdas e repartir ao seu xeito os beneficios. Para distribuír e vender, a día de hoxe podes
movelo por Internet en moitos lugares que todos coñecemos”.


Ademais, este terceiro traballo dos Ulträqäns gravouse nun estudio montado no propio local no que ensaia a banda. Facelo Un vendaval de folk-punk así, conta Díaz, ten “todas as vantaxes e as desvantaxes de que hai que sabelo facer, ou, seguindo o método do ministro, de que hai que saber quen o sabe facer e chamalo”.


Ese ‘quen’ foi Tomás Ageitos, técnico de son de moitas das bandas de folk e rock do país. Del di o contrabaixista que “non só sabe manexar teclas e botóns: tamén sabe manexar moi ben o becho que ten enfronte cun instrumento na man e sacarlle o máximo partido sen intimidalo ou sen poñelo de mala hostia”. O disco, que conta con colaboracións de xente como Os Homes Sen Medo ou antigos camaradas dos Papaqueixos, foi masterizado por Arturo Vaquero e conta cun precioso libreto con 16 ilustracións, cada unha representando
unha das cancións, deseñado polo debuxante Javi Prieto.


Uns Papaqueixos 2.0 O resultado, como corresponde ao seu traballo, é ultrarrápido, virtuoso e exultante, unha mestura de música de raíz galega, punk tabernario, rock progresivo e loucura balcánica. “Ulträqäns é como unha especie de Papaqueixos 2.0”, conta Díaz, “con máis velocidade, pero co mesmo espírito surrealista. Tocar a todo meter mola moito; se o fai un grupo de hardcore non pasa nada, pero se o facemos nós, que nin sequera sabemos o que somos, pois chama a atención”.


Do folk acústico dos seus principios os Ulträqäns chegaron a un son propio, eléctrico
e mesmo electrónico. Agora empregan por primeira vez sintetizadores (“destes
que se sopran por un extremo, coma os tubiños que che fan soprar os de Tráfico”)
e inclúen temas cantados. Ou algo así: as letras, brevísimas e marcianas, “falan de
todo o que é importante na vida: o amor, o sexo, as vacas, as drogas, a Unión Soviética,
matar críticos de jazz…”.

Yogashi! o blog que fala do doce que é internet!

"Pero lo que sí es cierto es que es un grupo muy potente en directo. Con su primer y único disco: Ulträqäns, lanzado en el 2011, es posible que este grupo se convierta pronto en un referente dentro del folk y el rock gallego. Su estilo me recuerda un poco a Ska-p y a Focus .. pero lo digo bajito por si acaso alguien me lincha (o.o!)."

 

 

Seguir lendo!...

Galería fotográfica en Cáceres

A nosa primeira visita a Cáceres foi recollida sen piedade polos fotógrafos de guarda intra-muros! :D

 

Seguir lendo!...

A nosa primeira reseña qänida!

Era o ano 2008 da era cristiá. Os ulträqäns, aínda eramos algo cachorros!

Clica na imaxe para podela ler a ghusto, a non ser que teñas ulträpoderes!

Ulträqänizados polas ondas!

Ondiñas veñen e van!!! En Folk in Trio, da emisora Cuac FM

Entrevista ulträqänida no programa radiofónico referencia da música folque da cidade da Coruña!

 

 

 

Escoitare!...

Ulträqäns no Chuzä!!!

Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor.

 

 

 

Ver as Chuzadas Ulträqänidas!...

Solicita aquí a túa ulträ-entrevista!

Ask here for your ulträ-interview!

Note: Please fill out the fields marked with an asterisk.

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR