A polo Ghit! ulträqänizädo!

Eiquí deixamos o que foi o noso paso, cando aínda éramos cachorros de tres edicións do tristemente finado concurso musical da páxina de Vieiros "A polo Ghit". Como vedes, o importante era pasalo ben e facer dancin' escrequenado sobre os ciberpetoutos.

Era época de grandes e sesudos debates na rede como ben poderán apreciar @s nos@s intelixentes leitor@s ao ver os comentários que eclosionaban como amebas no caldo primixénico do magma da antiga Panxea, señora!!! señoraaaaa!!!!!

 

Gañar, non gañamos nada... pero o que nos rimos!! :D

Ano 2008 D.C. (1 da era Ulträqänidä)

Ulträqäns defínense como un "grupo de filosofía meramente instrumental con catro patas e rabo no que as melodías celta-balcánicas se mesturan con calimocho e rock and roll do país dando lugar a unha macedonia musical que se centrifuga a 1000 revolucións para acadar a textura desexada". O tema que presentan a concurso, Os Ocelotes, é "unha composición electro-folque-dance-tradicional construída con ladridos en semicorcheas e ouvidos de fusas e parafusas. Ulträqäns quere facer unha música o máis directa, honesta e divertente posíbel. Sen máis". "Para disfutar meneando o esquelete en calquera furancho, jalpón ou discotasca..."

Ano 2009 D.C. (2 da era Ulträqänidä)

Un ano máis, Ulträqäns tenta acadar o éxito do verán cun tema instrumental. Nesta ocasión, cunha canción, Ranchinchancha que é unha brincadeira mesiánica dos Highlanders Pangalaicos; unha mutación cibertrónica dos tempos do Bisturí Electroacústico; un alarido ulträqänico para escorregar os fríos das invernías pretéritas. Ulträqäns é un comando músico-dogger en evolución constante. O virtuosismo inexistente nunha diáspora de garrapateas deslabazadas cun único obxectivo: facer bailar ata facer lume nos callos da People... Ulträqäns non teñen contraindicacións médicas... Tampouco todo o contrario..

Ano 2010 D.C. (3 da era Ulträqänidä)

Os Ulträqäns rebordan retranca, irreverencia punk e calidade musical ao tempo. O século XXI está prepándose para asimilar esta proposta duns experimentados festeiros e experimentadores musicais sen escrúpulos. O tema Quimbumbia é unha rareza, un tema feito por encargo para promocionar o xogo da billarda, que ten todo o necesario para ser un dos ghits do verán na Galiza. "Desfrutádeo e pasade a tomarlle unha polo noso feisbuk!!!!!"

Ulträqäns son: Antón Díaz, Baixo Fretless, Contrabaixo electroacústico e voz; Francisco Amil, Batería, programacións e voz; Tomás Saiz, Acordeón, piano e coros; Tino Vilaró, Guitarra eléctrica e coros; Aarón Bouzón, Frauta traveseira, Whistles, Gaita, EWI 4000s, theremin e coros.

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR