Thu

07

Aug

2014

Cuenqä - Huesqä!! Ue-ue-uesqän!!

Arff!!! Tamos tan atarefados que nem damos escrito um artigo no ulträblogue!!!

 

Primeiro aqämpamos en Priego (Cuenca), con grande éxito!! Pasámolo xenial coa xente da Asociación Crescendo!! Andar polo mundo que bonito é!!

Miren o cartaz!

Cartaz do evento!!
Cartaz do evento!!

E a semana seguinte, dia 9 de agosto, recunqämos em Huesqä!! Cidade ultraqänizada que premiou aos Ultraqans no concurso IberoFolk 2103!! Así que voltamos todos cheos para tocar no dia grande das festas de San Lorenzo!!! Viño, festa e ultraqanización!!!

 

E como non temos tempo a nada, poñemos o cartaz das festas, e anunciar que o bolo será o Sábado 9 de Agosto ás 23:00 horas, na praza do xeneral Alsina, e tocaremos co grupo valenciano LA ROMÁNTICA DEL SALADAR

Cartaz das festas de Huesqä!!!
Cartaz das festas de Huesqä!!!

Este é o roteiro ultraqánido que levamos en agosto... e próxima parada... Revenidas!!!

0 Comments

Sun

13

Jul

2014

Sapodobre Lugo-Ferrol!!

Como case sempre escomenzamos con algo de música!

Efectivamente! Música de banda para comezar este fío! O ska e o soul galego, por certo nace destas bandas que agroman por todo o territorio: trompetistas, saxos e trombóns saen desta canteira inesgotável.


E si, Lugo-Ferrol será o periplo ultraqánido desta semana, xa apresentando o noso segundo ultradisqo!! Woow!!!

 

Primeira parada, Lugo, Xardíns da Deputación. Nas xornadas de Cultura Aberta, onde compartiremos palco cos Carapaus!

Este é o programa!
Este é o programa!

E algún dos ultraqánidos quedaremos esa mesma sexta-feita en Lugo para tocar cos Tres Trebóns, e o sábado, recuncaremos por segundo ano consecutivo en Ferrol (biba!!) na Festaaberta que organizan os do BNG en San Valentín, Fene!! Si, igual que o ano pasado estalaremos os estaleiros con sete estalos!

Eiquí estaremos, xunto aos Derradeiros e os Dous de sempre mais un!!!
Eiquí estaremos, xunto aos Derradeiros e os Dous de sempre mais un!!!

Siga o noso periplo e ultraqanícese con nós!!!

0 Comments

Fri

04

Jul

2014

Descarga de balde o TEQNOPRESIDENTE 3.0!!!

Pois si!!!! Aproveitade a oferta ultraqänida!!! De balde ao caldeiro!!

 

A versión bäqälhoeira (A 3.0, pois no noso disco Ulträqäns II está outra versión 2.0) que adicamos os Ulträqäns ao noso Farlopresidente da Narcoxunta!!!

 

Para menear o bullarengue desde as Rías Baixas até Andorra!!!

 

Porque pasaron case 20 anos e o tema aínda segue vixente, que Feijóo é o noso Teqnopresidente!!

 

 

HABÍA NEVE!!!!!

 

Un vello tema arranxado polos Ulträqäns coa axuda de Víctor García!!!

 

Descargade na xanela de abaixo petando en "download"

Espalle isto pola rede mundial!! Espallade a mensaxe do noso Farlopresidente!!!

Que lembranzas!!

0 Comments

Tue

17

Jun

2014

21 de Xuño: Ferven na fervenza as feras na feira!

Este é un tema que nos mola moito aos ultraqánidos pois algo falaremos de chanchos.

O facochero, facócero, facoquero ou javali-africano (Phacochoerus sp.) é um mamífero africano, caracterizado pola cacheira grande, o corpo en forma de barril e a presenza de verrugas na cara, o que lle vale o nome em inglês de warthog ("porco-verruguento")

Este tipo non foi lavar a cara a Santo Estevo!!
Este tipo non foi lavar a cara a Santo Estevo!!
Estes eran jabaríns "verrugosos"?? Non o sabemos, só sabemos que sabían a dios!
Estes eran jabaríns "verrugosos"?? Non o sabemos, só sabemos que sabían a dios!

A penúltima parada antes da grande eclosión ultraqánida na Sala Garufa o 27 de xuño onde apresentamos o noso fillo pequecho, o 2º disco ultraqánido, será outra vez na Mariña de Lugo. Recuncamos en Santo Estevo de Augas Santas, un lugar emblemático, mítico e efectivamente esdrúxulo, onde ben podes sanar as tuas purulentas e putrefactas verrugas coas augas milagreitas carregadas de ferruxe do manantial que agroma perto da capela, e ao mesmo tempo encherte de viño e chancho, e ao tempo podes casar nunha magnífica cerimonia ao pé da fervenza, como podes zoupar e chimpar coa música da xente de Arco da Vella, dos Tumba e Dalle, do camarada Cé Orquestra Pantasma, ou as nosas tamén admiradas Sacha na Horta! Cómpre dicer que que nós saibamos, que tanto o Cé como as Sacha están a sacar e promocionar o seu cadanseu discazo! Veña que non vale parar!!!

Flipen co lugar, señoras! Aspectacular!
Flipen co lugar, señoras! Aspectacular!

Como vedes, o lugar é i-dí-li-co, así que hale! non hai excusa como para non ir, que haberá todo o que se lle pide a unha boa xolda: auga e viño, rock e cochos espetados namentres se cociñan á temperatura exacta, sexan graos celsius, farenghai ou do que hai!!

Este é un cartelaso completo e feudalesco, que mais podemos pedir??
Este é un cartelaso completo e feudalesco, que mais podemos pedir??

Bon, pois o lugar está perto de San Cosme de Barreiros, e alí o mellor é perguntar, miren que salvaxe paraxe, amigos!

0 Comments

Tue

27

May

2014

Ulträqänizar Burela, que BONITO é!!

Veña! que escomenzamos con músicaaaa!!!

Cousa bonita!

Pois iso, aproveitamos que o Rodri Suárez apresenta esta semana a primeira biografía en galego dun grupo de rock que canta en galego para pinchar no noso furancho aos Diplos, que falta facía!

Este bicho sabe que consola!
Este bicho sabe que consola!

Correcto... logo imos ao choio!!

Bonito: O bonito (Sarda sarda) é un peixe mariño, de gran interese pesqueiro e gastronómico. É de carne rica en graxa (dos chamados peixes azuis). Recibe ás veces tamén a denominación de bonito atlántico ou bonito do sur, para diferencialo do bonito do norte (Thunnus alalunga), moi semellante e máis apreciado, gastronómica e economicamente.

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. O seu xentilicio (Véxase no Galizionario) é burelés, burelao ou burelense.

É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran flota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.631 que ten en 2012.

Pois xa temos os ingredientes para facer a ULTRÄCALDEIRADA ULTRÄQÄNIDA en Burela, no Centro Social Xebra!

Clicade acó no seu blogue e marabilládevos da de cousas xeitosas que fan! Da xenio velo!!

 

Burela, povo orgulloso e mariñeiro! Xente de Burela!! Antes ir para a campaña do bonito, hai que embarcar con unha boa xolda!

 

E nada mellor que facelo que no tremendo Aniversario do Centro Social Xebra!!! Acudide en masa!!!

Tivemos que parar a ler varias veces o cartaz do chulo que era!!
Tivemos que parar a ler varias veces o cartaz do chulo que era!!

Pero como chegamos??

Pois sigan o mapa e atentos que están en Festas de Burela, e entre o tránsito cortado, as direccións proibidas, e a liña do Feve, a avenida de Arcadio Pardiñas pode ser un total caos!!! XDDDDDD

0 Comments

Fri

23

May

2014

ULTRÄQÄNS II no novo Garufa, onde se non?

Cartaz deseñado por Javi Prieto!!! Un Master!!
Cartaz deseñado por Javi Prieto!!! Un Master!!

 

O 25 de Abril de 2011 aconteceu o inaudito, a revolución dos chocos, a saída do que foi o noso primeiro CD!!!

 

Xa non podíamos agardar máis, tiñámos que dar un golpe na mesa e soltar outra bomba de baile masiva!! Con esta idea, xurdiu o xerme da creación do novo traballo, o disco que vos apresentaremos o 27 de Xuño na Sala Garufa Club.

 

Ulträqäns naceu xa hai máis de un lustro, levamos sete anos a espallar semicorcheas en forma de festa aló onde as boas xentes nos requiren, xa era o momento de consolidar a nova formación, a formación que dende finais do 2012 anda a vos facer tremer as pernas en cada concerto; a formación que abriu as entrañas dos ulträqäns para arrincar as mellores melodías cara o exterior. Era o momento, ou xa, ou agora!!! Tiñamos que meternos no estudo de gravación e botalo todo fora!!!

 

Este non é outro disco máis, é "o disco" a perfecta conxunción das ideas ulträqänidas, punkismo metamorfoseado con folq, rock, funkie, xancarajazz...

Ulträqäns II equilibra os temas letrados cos meramente instrumentais.

Si señora!!! Agora os ulträqäns cantamos máis!!!

 

 

Na presentación do ULTRÄQÄNS II, teremos no palco, para quecer o forno e menear os cadrís  Á Banda de Andrelo; unha xente de Vigo que son un grupazo; ocasión única para velos polas terras norteñas!!! Tamén contaremos con ulträconvidados de altísimo nivel!!!

 

Onde?? Na nova Sala Garufa Club, Comandante Barja Nº5, na Coru neno!

Cando?? O 27 de Xuño de 2014 ás 22:00, (apertura de portas ás 21)

Por que?? Hostia, porque será unha festaza!!!!

 

Aquí un pequeno adianto ;)

0 Comments

Thu

08

May

2014

Bolo Extra!!! E Rebelde e Rabudo!

Primeiro, a música! E logo, e ti de WHO es?

Pois lembrando aqueles anos de partidas a peso nas máquinas de millón ou pinball na que despois de dous pinchacarneiros coa cunca de viño na man (Sala "El Cerebro" da Coruña), e outra petando no cristal do aparello, ZASCA! Bola extra sen esperalo!

Ulträqän ghatillando! (can? ghato? ein?)
Ulträqän ghatillando! (can? ghato? ein?)

Así chamaron por nós os rapaces de Galiza Nova do Carballiño, que andan agora moi atarefados e chamando pola rebeldía! Que falta fai! Que a este paso no país non vai quedar nen o que pecha a porta! Así, que festa esta sexta! Coa compañeira Isa Risco nun lugar mais que competente e que xa ultraqanizamos no seu día, así que toca recuncar! O mítico Sete Flores, por onde pasaron case todos os grupos do rock galaico! Unhas instalación de referencia! Así que xentes das beiras do Arenteiro, agardamos por vós no Sete Flores!!!

O cartaz do evento!!!
O cartaz do evento!!!

Onde? No Sete Flores, Carballiño!

Cando? A partir das 22:00 horas!!

Por que? Porque nos peta e nos da a gana!

1 Comments

Wed

09

Apr

2014

I Guana be your UlträDog!

Pois si, señora, ás veces escomenzamos con música...

Estes chavales de Michigan xa o decían ás cIaras, querían, igual ca nós, ser os vosos Ulträqäns, neste mítico tema mellorado polo mestre Leo Arremecaghoná!, si, o de Matamá, Vigo. E en Vigo ficamos para rebordar xunto cos tamén viguese da Banda de Andrelo (Clicade acó!!) no mítico templo do rock vigués de reptiliano nome: A IGuana!!

O local con nome de animal!
O local con nome de animal!

Un chisco de ciencia, per favore... A iguana pertence ao grupo maior e de máis complicado deseñodos saurios, e englóbanse na familia dos Iguanidos. Poden medir ata 2 metros de longo. Son herbívoros e ovíparos. Este animal ás veces emite resoplidos. Posúe escamas, unha bolsa gular na gorxa e unha orla dorsal que os machos utilizan para marcar o seu territorio. Son coñecidas polas súas espectaculares exhibicións nos rituais de defensa e cortexo, nos que levantan o corpo mentres axitan con forza a cabeza de arriba a abaixo. Ficou claro?

Non sabemos se de cortexo ou de defensa, ou de cortello ou ofensa, pero os argallantes de todo isto, a cacho banda que son os da Banda de Andrelo (os auténticos kings da carallada rockeira), serán os nosos anfitrións na nosa visita ao outro lado da ruta AP-9, se os ladróns que nos agardan polo camiño nolo permiten!!

Peasii cartaz, oiga!!!
Peasii cartaz, oiga!!!

En fin, que vai ser un gustazo ir a visitar aos nosos colegas andrelianos no templo reptiliano da caña rockeira viguesa, sobre todo porque próximamente nos devolverán a visita a Turquía para facer unha demonstración de forza&dancing… fiquen atent@s ás novas ultraqánidas!!!

Acó quedades con estes másters andrelianos!! :)

Onde??? Na Iguana en Vigo!!

Cando?? O 12 de abril ás 22:30 horas!!

Por que??? E por que non!!!!!

0 Comments

Sat

01

Mar

2014

Folla de Promo 2014!!!

Eiquí está! Veña para a contratación todos!!
Eiquí está! Veña para a contratación todos!!
0 Comments

Fri

31

Jan

2014

ULTRÄEXITO!!

Despois dunha ulträintensa qän-panha de verkami podemos decir grazas á vosa xenerosidade sobrepasamos con creces o obxetivo inicial que nos propuxemos.

O choco metaloplástico está xa preparado para bater os últimos toques do que vai ser o noso inminente novo ulträdisco!!

7 Comments

Fri

17

Jan

2014

2001, Unha Odisea Ultraqänida!!!

Parabens!!! Amigas e amigos!!!
O noso ulträverkami até o de agora foi un auténtico éxito! A 15 días de rematar a ultráqämpaña xa botamos por fóra!! BIBA!!!

 

Pero isto é só o comenzo, xa que os 1500 ouros só nos dá para pagar unha parte do SEGUNDO ULTRÄDISQÖ!!! Fumos modestos nas nosas pretensións, xa que se non chegabamos até eses 1500 ouros, perdíamos todo o recadado, así que, nadando pero gardando a roupa... os ultraqänzinhos superamos grazas a todos VÓS a primeira dura etapa crowdfundingueira!!!

Pero nós non somos precisamente conformistas, así que... así que precisamos chegar á nosa segunda ulträ-meta que é... CHAN-CHAN-CHAN-CHAN (así falou Zaratrustra!)

 

2001 UNHA ODISEA ULTRÄQÄNIDÄ!!!

 

TAAAAA-TAAAAAAAA-TAAAAAAAAAAA!!

Aquí vemos a un ulträqän cubrindo a declaración de Facenda
Aquí vemos a un ulträqän cubrindo a declaración de Facenda

CHAN-CHAN!!!!
POM-POM-POM-POM-POM-POM-POM-POM-POUM!!!

É o noso reto espacial e evolutivo, a ver se chegamos até os 2001€ para poder pagar os custes totais de gravación, edición, fabricación, deseño... todo suma!! todo son custes!!! Pero nós perseveramos para chegar até o espazo!!!!!!

 

CHIMPADE CON NÓS NA NOSA ULTRÄGÄMELA INTERESTELAR!!!

Xa o dixo Castelao dende o espazo: Non me levedes de volta!!
Xa o dixo Castelao dende o espazo: Non me levedes de volta!!

Non mola marchar sen poñer a musiquiña!! POMPOMPOMPOMPOMPOMPOM!!!

0 Comments

Wed

15

Jan

2014

Adianto do noso segundo Ulträdisqö!!!: Teknopresidente 2.0

Antes de nada, queridas amigas e amigos, un chisco de alegre saudade cronolóxica... miren, miren este "roubado" en vivo e en directo deste grandes mounstros da canción lixeira (de lizgairo, non de lixo, ollo!) galegueira, con vostedes amigas e amigos, Os da Ría, "Cando éramos xovens en os 90"!

Mitiquérrima capa do disco Unión Bravú!
Mitiquérrima capa do disco Unión Bravú!

Gostaron? De seguro que si!

 

 

A que ven esto a conto, perguntarán con semicuriosidade o respetável público?? A que ven retrotaer-nos até esa época post-telón de aceiro? Por que falamos desa época na que Fraga campaba ás suas anchas, na que Boris Yeltsin amorraba a garrafa de vodka no seu despacho e no despacho de Clinton amorrában-se outras cousas? Na que se puxeron de moda a roupa étnica e pola contra as ombreiras e cardados batían-se en retirada?? Falamos de cando unha ou un baixaba até o bareto sen teléfono, e polo tanto a noite podería escomenzar de calquera maneira e rematar doutra completamente distinta, ou de cando nasceu na Galiza o seu xenuino movimento musical... o Bravú!

Pois por aquela época, uns rapazotes da Coruña coñecidos polo nome de Papaqueixos (onde podemos ver a mais de un ultraqänido ;-) ) xa avisaban dun xeito mais ou menos interpretável e crítpico de que os felices 90 galegos alicerzados nunha sociedade post-crise, semi-hedonista, e governada polos de sempre, na que a FARLOPA corría dende de "retretes a gabinetes" ... dos wáteres podricalleiros dos garitos punkis rebordantes da Compostela estundantil (de cando se saía na quinta feira), até os menos limpos despachos dos xerifaltes xunteiros daquela época. Sí, estamos a falar do narco e do Partido Popular, algo que na Galiza son termos sinónimos e forman unha unidade espazo-temporal indivisível. Miren este videaco por exemplo:

Menudo pollo!!! (e medios pollos varios que levan metido estes!)
Menudo pollo!!! (e medios pollos varios que levan metido estes!)

Que pasou despois? Nada. O de sempre neste país: uns poucos gañan e outros moitos perden. Así e todo facémo-nos máis vellos e máis cabróns, así que o que era un non-tan-pequeno pigho trepa farlopeiro como o noso Alberto, convertiu-se en narcopresidente da Xunta de Ghalisia... e outros... seguimos no de sempre, señora, é-che o que hai!!

 

Iso si, non quedamos coas ganas así que o noso Alberto non ia quedar sen unha repichoca reformulada para el para a ocasión! Faltaría máis!

 

 

 

Así que xa sabedes, colaborade por favor no noso Crowdfunding porque este TEKNOPRESIDENTE 2.0 (e tamén unha sorpresa de TEKNOPRESIDENTE 3.0) estarán incluidas no noso segundo disco ultraqánido!!! Si, señora!!! Colabora co que Boura!!!

Así que vos deixamos coa letra da re-versión ultraqänizada...

 

TEKNOPRESIDENTE 2.0

 

Fai máis!! Fai-mas! Fai máis!!

 

Marcial Dorado, preso político!

Aurrera! Aurrera!! (bis)

Sito Miñanco, preso político!

Aurrera! Aurrera!! (bis)

 

Oh! Sr. Feijóo! Oh! Sr. Feijóo!!

Qüantas raias som?

Oh! Sr. Feijóo! Oh! Sr. Feijóo!!

Vaia embarcaçom?

 

Farlopa, farlopa, farlopa para a tropa

Farlopa, farlopa, repovoações com coca! (bis)

 

Se tutti le corruptti, se tutti le corruptti

Portara candelaria! Portara candelaria

Se tutti le presidenti, se tutti le presidente da Xunta!!

Portara candelaria! Portara candelaria!

 

Mamma mia!! Quanta iluminazione!!

Mamma mia!! Havia neve!! Havia neve!!

 

 

Havia neve!! Havia neve!!

Havia neve!! Havia neve!!

(bis e tris e tal…)

E despedímo-nos cun mítico vídeo ultraqánido, onde Secundino, o señor alcalde de San Sadurniño (lugar festeiro como poucos que até teñen unha mítica repichoca do mestre Cuco de Velle), asalta o palco con eleghansia e interpreta -como dirían Os da Ría- esta cantareliña tan aquelada da que falamos hoxe!! Alegría!!

E insistimos, amigas e amigos.. este é o noso Verkami!! =;-)

Colabora co que boura!!!

0 Comments

Thu

02

Jan

2014

Como o Vento! De Lisboa a Bizkaia

Pois é chegada a hora de facer un pequeno adianto do que vai ser o segundo ulträdisqö que a día de hoxe estamos a financiar!!

 

E este pequeno rascuño é grazas ao galego afincado en Euskal Herria, Don Davide "Material" Cabaleiro, un clásico coruño que nos fixo unha visita ao noso local de ensaio para facer unha gravación "aquí-te-pillo-aquí-te-mato" coa sua cámara para un filme sobre o Mendebala e os grupos que por alí pasaron. Se queredes ver o vídeo noso está despois deste corpo de texto.

 

Que que é o Mendebala? Pois é o festival feito en Sopuerta (Bizkaia) no que participamos os Ulträqäns na sua edición de 2012, miren... miren o cartaz dese ano...

Este é o cartelón do 2012!!!
Este é o cartelón do 2012!!!

Este foi o momento en que o amigo Davide fíxo-nos a visita nas instalacións ultraqánidas nos Estudios Amil no Polígono Industrial da Grela, na Prolongación de Juan de la Cierva!!

 

Aínda botamos unhas risas!


Así que sen pensalo puxémo-nos a facer a nosa particular versión do xa clásico do rock galego "Coma o Vento"... miren, miren o llutuff!

Gostaron? Agardamos que si!


Pero antes de continuar... se nos permiten... un chisco de publicidade!! COLABORA CO QUE BOURA!!! INVISTA EN BONOS ULTRAQÄNIDOS!!!

Efectivamente, "Como o Vento" foi inicialmente popularizado na terriña polos Radio Océano, de feito foi  tema máis mítico (con permiso de Terra Cha) do seu único disco "Nin falta que fai", do ano 1985 (efectivamente, foi o ano da morte de Konstantin Chernenko), escoiten amigas, esta versión da época pre-perestroika-bluff...

Efectivamente! Porque é unha versión adaptada tanto a música coma a letra deste tema de Sétima Legião, o grupo do lisboeta Rodrigo Leão. Pois é, queridos e queridas, a alma mater de Madredeus tiña un grupo after punk ou similar puramente oitentero: xa sabedes, bateras electrónicas de todo a cen e moito flanger con empampuzamento de tecladiños :-p


Orellen por favor esta peza orixinal:

Espertaron xa? Ben, continuamos... A banda de Xosé Manuel Pereiro (alias Josito Pereiro, a.k.a. Johnnie Rotring) tivo a feliz idea de centrifugar o himno procesional primixenio para criar o outro himno que escoitamos antes. Cómpre subliñar que a palabra "himno" non quere dicir o mesmo no primeiro uso da mesma que no segundo, ou sexa, explíco-me que o segundo uso era para unha canción punkgalaica celebrada en todo tipo de bochinches, romarías e garitos rockeiros, que todo hai que dicilo.

 

De feito, Os Diplomáticos de Monte Alto unha década despois (1995, ano da Primeira guerra Ruso-Chechena), rescatan o tema e dan-lle outro pulo harmónico no seu disco "Avante Toda", provavelmente o mellor disco da música rock na Galiza (si! que pasa?). Ah! e tamén está Josito facendo voces, por suposto... pasen e vexan:

Que pasou despois? Que este tema foi incorporado ao repertorio de grupos como Os Tres Trebóns, Ondas Martenot, Banda Fura Fura, os camaradas Avante! e os viciños montealtunos de Trapallada, polo menos que saibamos nós. É certo que hai moita promiscuidade de músicos entre todos estes conxuntos musicais dos que falamos agora, pero que lle imos facer señora, o rock galego e mais nós somos así!!!

E para rematar! Aquí temos o "Como o Vento" que fixemos un par de ultraqánidos xunto co mestre Martin Wu (The Homens, Grampoder...) hai xa uns anos nunha noite de homenaxe a Radio Océano na Sala Nasa... pero iso xa é outro conto...

E aquí temos un cacho de directo roubado á banda metaleira de Loureda dos Avante! xunto con outro vello amigo dos ultraqánidos, o Leo Arremecaghoná! acó andan coma o vento ou polo aire, como dicía o clásico ;)

 


REVISIÓN 1 DA ENTRADA!

 

Pois si, porque é imperdoábel pola nosa parte que non nos lembráramos doutra cacho versión, mais libre e orixinal, que fixeron a pedazo banda que son os NAO!... ademais porque a primeira vez que a gravaron, estaba un ultraqan organizando o disco Homenaxe a Diplomáticos... e agora, os NAO sacan un discazo que debedes mercar si ou si! ;) e acó vai esa versión que completa e pecha esta entrada!!!

0 Comments

Sun

22

Dec

2013

Colabora co que boura!!! Crowfounding Ultraqánido!!

Moi boas!! Este é noso Verkami!! Entrade e colaborade, amig@s!!!

Atenzione!! Atchung!!! Atenção queridas amigos e amigas!!! Temos unha grande nova!!! Avisen ás vosas colegas, cuñados e cuñadas!! padriños e madriñas!! noras, sogros e ogros!!! ao cliente que vos merca o leite e quen os vende o viño!!! A ese veciño que tanto vos mola e non vos atrevedes a dar o primeiro paso!!

 

É grande nova porque o Apalpador xa ten chollo ultraqänido, que vai ter as sacas cheas de ulträmaterial!!!

O Apalpador papando nas castañas collendo forzas e contabilizando o Ulträdisqös que vai repartir este ano!!!
O Apalpador papando nas castañas collendo forzas e contabilizando o Ulträdisqös que vai repartir este ano!!!

Pois si!!

O mundo xira a unha velocidade aproximada de 1609 quilómetros á hora, e cunha velocidade de traslación no espacio de 107.826 qilómetros tamén en 60 minutos... o que dura aproximadamente o novo disco de Ultraqans!!!

 

Amiguiñ@s, namentres escoitan nun futuro próximo (primavera de 2014) apacívelmente a descarga furiosa de ulträ-folc dos ultrqänidos, medite sobre a distancia que estamos a percorrar cabalgando sobre un planeta achatado polos polos, polos polos amigas e amigos!!!

 

Serán mais de unha ducia de cortes que fará tremer as perniñas do señor que leva o mp3 conectado aos pavillóns auditivos namentres espera na cola do súper, que porá os pelos como alfinetes de aceiro martensítico da señora que vai se achega co fouciño na man montada no patinete para ir apañar labazas psicotrópicas... sí!!! o megachoco está a piques de voltar pasear liberando toneladas métricas de punk-folc-progresivo!!!

O Xan Carallás, fundador de Redondela!! Polo grande Javi Prieto!!
O Xan Carallás, fundador de Redondela!! Polo grande Javi Prieto!!


E para a nova desestiba musical que estamos a argallar, temos unha lista de colaboracións de auténtico luxo que iremos desentrañando aos poucos!! Tamén temos colaboracións literarias e como sempre toda a estrutura gráfica pousada nos ombreiros do grande ulträ-desenhador ulträqänido, Mr. Javi Prieto!!! --> http://www.javiprieto.com/

Pero todo esto non é posível se non sumamos un gran á nosa praia onde ancoran os nosos mecano-chocos, non sería posível sen as vosas pallas no voso palleiro!! Por iso sacamos este segundo ülträdïsqö mediante a participación financiadad d@s nos@s amig@s do planeta ulträqänido!!!

Polo de agora, e dado que entramos no ano 14, que fai cen anos da guerra do 14, pois temos 14, si 14!! ultrarecompensas para todo o mundo que queira participar neste novo proxecto!! E non descartamos que esto suba! Así, que amig@s, temos un ultraescaparate para que escolledes o xeito mais aquelado de colaboura!!! Colabora co que boura!!!  COLABORA CO QUE BOURA!!! :D

0 Comments

Mon

02

Dec

2013

Toc Toc! O Apalpador peta na porta!

Toc Toc!! Xa estamos acó!
Toc Toc!! Xa estamos acó!

Toc Toc!! Toc Toc!! Chegou o Apalpador petando na porta!

-Quen vai!

-Son o Apalpador, que chega de Ferramulín!

-Tamén coñecido como Pandigueiro, polas terras de Trives?

-Si, ho! Ese mesmiño!!

-E levas unha longa barba e fumas en pipa?

-Efectivamente, señora, levo barba e todo iso!

-E levas castañas??

-E algún disco tamén! E tamén cousas da tenda dos Ulträqäns!!! E abra que vai friaxe! Brrrrr!!!

Trebellos varios dos camaradas do metal de antes, pero antes-antes
Trebellos varios dos camaradas do metal de antes, pero antes-antes

Pois efectivamente, queridos amigos. Nesta época de noites longas e de invernía nos petoutos é cando baixaban os carboeiros, co carbón de raíz de turgueira ou uz, para que a forxa dos ferreiros puidera seguir o fenómeno da coalescencia da masa de ferro quente na fornalla do ferreiro!

 

A día de hoxe, o ferro mercámolo nas acerías chinesas e empregámolo... boh! para pouco despois do ataque ao noso sistema productivo!... pero isa é outra historia...

De que falabamos? ... ah! O conto é que a día de hoxe, a cuadrilla de apalpadores e pandigueiros doméstica xa non traballa tanto no tema do ferro, así que se meteron noutra industria tamén atacada polas forzas do MAL, que é o mundo da cultura!

 

E si, queridas amigas e amigos, a cuadrilla de apalpadores e pandigueiros están preparados para repartir este nadal libros e discos galegos a tutiplén, entre eles esta marabilla (non podemos ser obxectivos, xa que algún que outro ultraqánido anda por aló metido), que levamos seguindo desde hai meses a súa xestación, que é o novo disco de Pablo Díaz e a sua banda, o Toc Toc chega acó!!

O Apalpador carretando nos discos!
O Apalpador carretando nos discos!

Despois de editar o primeir traballo "Tic Tac" aló polo 2009, non era sen tempo que chegara a segunda entrega, feita sen presa pero sen pausa como se facía o carbón de turgueira.

 

A banda composta por Carlos Freire á batería, Diego Barral á guitarra, Álex Fente ao acordeón e Antón ao baixo, dirixida polo xefe Pablo Díaz coa inestimável axuda de Olaga Kirk, volven á carga con 13 temas cheos de piratas con loros, ratos e gatos dialogantes, mazaricos con cabuxas, piollos e pulgas namoradeiras e garavanciñas ecoloxistas nunha orquestra zoolóxica metida no saco do noso amigo carboeiro.

 

Na banda tamén pasaron outros fenómenos como Sergio Delgado, Fran Amil, Santi Cribeiro, Roberto Grandal, Dani Cerqueiro, Juan Tinaquero ou Juan Naya... vamos que esto é o como o SuperDépor de Irureta, onde había polo menos 2 homes en cada posto!.

 

Se o primeiro disco xurdiu como unha suma de colaboracións (e que colaboracións! Carmen Rey, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Pedro Lamas... entre outros) que daban a cada tema un carácter diferenciado, o resultado do novo traballo é mais homoxéneo, dado que é o resultado de 4 anos de xiras da banda, facendo un son característico que ten como patrón o rock acústico con toques folk, pero sen deixar de facer chiscadelas ao mais tradicional ou até os ritmos mais "sabrosones"

O disco xa se presentou no Culturgal con grande éxito (todo hai que dicilo), e agora están a preparar unha série de concertos polo país, estando confirmados a día de hoxe:

 

- 8 de decembro ás 17:00 presentación de TOC TOC en Lume na Palleira (Radio Galega Música) e ás 00:00 (xa día 9) no programa da Radio galega Tres Peixes Voando
- 13 de decembro ás 18:00: presentación TOC TOC Fnac da Coruña
- 13 de decembro ás 21:00: Gala de entrega de premios dos Premios da Música no pazo da cultura de Pontevedra
- 14 de decembro ás 18:00 TIC TAC en Porto do Son
- 21 de decembro ás 18:00: TIC TAC en Serra de Outes
- 27 de decembro ás 18:00: TIC TAC no Milladoiro (Ames)

Cola no Culturgal 2013 para facer-se con un Toc Toc!! Quítannolo das mans!!!
Cola no Culturgal 2013 para facer-se con un Toc Toc!! Quítannolo das mans!!!

En fin, pilarín... que... que imos dicir mais deste Toc Toc! Vaian e escoiten, querido público!!

0 Comments

Wed

09

Oct

2013

Estimábamos que viñerades!!

Cartazzzzzz!!!!
Cartazzzzzz!!!!

Estimabamos que viñerades, si!!

 

 

Porque a ocasión é boa de xuntarnos cos nosos amigos e anfitrións do evento, os Estimaba que Viñeras, (que por certo, todo hai que dicilo, dos mellores nomes de banda que temos visto nunha banda!), que por segundo ano organizan a xuntanza para lembrar ao que fora o seu acordeonista... e teñen a ben de contar con nós para a ocasión e tamén do vello camarada de múltiples batallas e batallas, o grande Leo Arremecaghona!!! Veña lume logoooo!!!!!

 

E que... xa como dicia Miro Pereira (ou non, pero que mais dá, podía telo dito ou non?) cagho no mundo... hai grupos e bandas e conxuntos de múseca moderna... pero tamén hai amigos e camaradas que atopas na ruta, que son moitos quilómetro de aventuras variadas trepisóndicas e pandigueiras, e estes rapaciños novos son xa uns auténticos qänmarradas, e está é unha das ocasións que paga a pena!! e polo tanto iremos ultraqanizar con toda ansia o Vichelocrego xunto ao Leo con toda a fúria que pode ter o bosón de Higgs cando se enxerga e aturuxa abrouxadoramente!!! Que treme o CERN, que Barallobre reventa!!!

Para cando?? Para o sábado 12 de outubro???

Para onde?? Mire no mapa de abaixo!! É no VICHELOCREGO, na Estrada da Palma Nº78!!!

Por que?? Por que a ocasión o merece!!!!

0 Comments

Sun

08

Sep

2013

Mais um plano quinquenal cumprido com éxito polos Ulträqäns na gloriosa Fundaçom Artábria!!!

3 PLANOS QUINQUENAIS CONSTRUINDO PODER POPULAR!!!
3 PLANOS QUINQUENAIS CONSTRUINDO PODER POPULAR!!!
Esto era o ano 2008. 5 anos depois!! Un plano quinquenal depois!!! LONGA VIDA A ARTÁBRIA!!!!
Esto era o ano 2008. 5 anos depois!! Un plano quinquenal depois!!! LONGA VIDA A ARTÁBRIA!!!!

Longa vida á gloriosa Fundaçom Artábria!!! Longa vida ao Qrëmlin da galeguidade no Medúlio Trasanqueiro!!! Glória ao 3º plano quinquenal artabreiro!!! Som 15 anos já agromando cultura popular desde a Madalena a Esteiro, desde o muinho do Pedroso até as inmediaçons das fundiçons siderometaloides da paisagem retro-post-steampunk que impom Megasa!!

 

Cómpre dizer que sim, que o glorioso terceiro plano quinquenal (período 2008-2013) é celebrado de jeito ultraqänido, rememorando quando em 2008 aínda eramos uns filhotes pero tivemos a oportunidade de ultraqanizar o palco artabrés!!!

 

Agora recuncamos cos camaradas de Zënzar (o outro grupo galego que fai apologia da diérese), Sacha no Horta (a banda enorrrme kolhoziana por excelência!!) e os Colhom de Lola (o grande conjunto porcobravú por autonomasia).... VIVAM OS NOSSOS QÄNMARADAS!!!

 

A começos deste ano efectivamente os Ulträqäns estivemos a celebrar o glorioso chamamento á uniom popular para recadar os fundos precisos e preciosos para o glorioso documentário artabrés que se está a confeccionar nos laboratórios cinemátográficos do artabrismo!!! LONGA VIDA A ARTÁBRIA!!!!

 

NOM DIGA TRABALHO!!

NOM DIGA TROULA!!!

NOM DIGA LOITA!!!!

DIGA FUNDAÇOM ARTÁBRIA!!!!!

O histórico videaco Ulträqänido!!!

Galeria histórica de cartazes Ulträ-Ärtabros!!!!

0 Comments

Sat

07

Sep

2013

Bravo polos Bravos de Bravos!!!

Eis o cartelaço!!!!!
Eis o cartelaço!!!!!

Zeca Afonso

OS BRAVOS

 

Eu fui à terra do bravo
Bravo meu bem
Para ver se embravecia
Cada vez fiquei mais manso
Bravo meu bem
Para a tua companhia

Eu fui à terra do bravo
Bravo meu bem
Com o meu vestido vermelho
O que eu vi de lá mais bravo
Bravo meu bem
Foi um mansinho coelho

As ondas do mar são brancas
Bravo meu bem
E no meio amarelas
Coitadinho de quem nasce
Bravo meu bem
P'ra morrer no meio delas

 

Pois sim... que melhor que começar um fio no nosso ulträblogue que co mais grande, o Zeca!!!

 

Porque nós iremos á terra dos bravos de Bravos!!! Cos nosos camaradas ponteses de Muxarega

 

Bravo!! Bravo!!

NON HO! DESTES BRAVOS NON FALAMOS!!
NON HO! DESTES BRAVOS NON FALAMOS!!
Deste Porco Bravo de Bravos SI que estamos a falar!!!
Deste Porco Bravo de Bravos SI que estamos a falar!!!
Acó uns Muxaregos!
Acó uns Muxaregos!

Este será o segundo ano aturuxeiro na aldea de Bravos en Ourol. Estatisticamente demonstrado, se unha de cada 0,1356 aldeas galegas aturuxaran un festi tan abrouxador como o Aturuxo Folk de Bravos, chimparíamos dende Ortegal ao Miño de castiñeiro en carballo por unha terra liberada!! Diga que si!!!

 

Miren que lles digo: 

Santiago de Bravos é unha parroquia do concello lugués de Ourol. Segundo o IGE no 2007 tiña 241 habitantes (123 homes e 118 mulleres), o mesmo número que no ano anterior.

 

241 habitantes entre 5 grupos musicais... isto é un rátio só comparável á nosa outra parróquia estrela tamén no mundo Ultraqánido!! Santiago de Cangas!!

0 Comments

Tue

27

Aug

2013

MOdo MOs-MOnforte, MOita MOvida MOz@s!

Mos e Monforte moendo monumentalmente, mozas e mozos, monos e momias, moinantes e monicreques con monteira montándoa ate apurar as últimas pingas de ulträlicor festivaleiro roendo nas  mortadelas e nos moletes e nas morcillas e nos mondongos a moreas montados en motocultor ou motocicleta moderna!

Como mola mover-se como moscas e mouchos con modestia moderada.

A monda senhora,    A     M O N D A!!!

Acó vemos o ambietasso que hai na Cantina de MOS AISLY, agardando que escomece o Rebumbio!!!!
Acó vemos o ambietasso que hai na Cantina de MOS AISLY, agardando que escomece o Rebumbio!!!!

 

O choco-monstro metaloplástiqo zoupará na sexta feira no clásico Rebumbio de Mos!!! Lugar que acolleu xa duas veces aos Ultraqans cando aínda eramos uns cachorriños!!! Que ilusión voltar ao Rebullón, repitan con nós: QUE ILUSIÓN VOLTAR AO REBULLÓN!!!

 

Así que todo o mundo da Galaxia, xa sabe!! Vémo-nos no Astro Porto interplanetario mais molón!! E que se foda Vader! Empire sucks!!

E para dar fé de que é verdá e de que é certo todo o que disimos acó temos un pequeno vídeo dunha voda que rematou cun ciclista famoso coa charanga Os Veraneantes no Rebúmbio cos Ultraqans!!! Así como llo digo!! Grazas ao que inventou o móbil con cámara para eternizar eses intres!!!

Mais o noso perpetuo algoritmo licor-cafetiano non remata no monte do Rebullón se non que o sábado, cos litros de licor inxeridos no rebumbio aínda correndo polas nosas veas como carrilanas guiadas polo mesmo lucifer destruiremos unhas cantas semicorcheas en Monforte!

 

O sábado-sabadete, sobre as 21:30, para antes da cea estarmos na Praza do Conde no Festival do Paradiso! Hora ferpecta para aproveitar os últimos vapores da canícula monfortina! A facer tremer o esquelete con tíbias e peronés e metacarpianos se Cabe!!!

Acompáñenos por este ultraroteiro de finde semana e deixese levarrrrrrrrr!!!!!

0 Comments

Tue

06

Aug

2013

2.571.000 metros de Ulträqänizäción!!! (Parte 1/2 de Idade Media? non, que aínda fica outra!)

Un par de Ulträqänidos escoltando ao noso líder!
Un par de Ulträqänidos escoltando ao noso líder!

Vaites!

 

Na grande xira interplanetária (dado que cando estamos con Cañita estamos cunha auténtica estrela da galaxia!) tivemos un contratempo... a suspensión do festival Brincadeira de Ordes (ver acó), onde de seguro que o noso grande líder Cañita (picar eiquí!) ia recuncar trunfalmente ao igual que o fixo o ano pasado... mágoa! Ficamos tristes de vez por non poder ser a banda (xunto con Cris do Sonoro Maxín) que respalde ao grande veciño noso, ademais de que un festi de referencia no país como é o Brincadeira non se poida celebrar... en fin, ánimo a todos, amig@s!

Pero esto é unha voráxine!!! Non vale parar!!!

 

Así que centrarémo-nos na seguinte parada do ulträ-roteiro!!!!!

Quen ousa petar na porta!!! Ulträqäns?? Ah, pasen e collan un vermouth!
Quen ousa petar na porta!!! Ulträqäns?? Ah, pasen e collan un vermouth!
Imos tocar acó dentro, iiuhu!!!!
Imos tocar acó dentro, iiuhu!!!!

Imos ter a inmensa potra de tocar nun dos lugares mais chulos onde se poida tocar!!! Collan as cotas de malla, as brosas e os capacetes!! Estamos no Castelo de Castro Caldelas!!! Nas mazmorras bailarán skafolk e nas almenas correrá o viño de Quiroga!!

 

 

Ultraqanizaremos o castelo xunto co noso camara Cé Orquestra Pantasma, A Banda de Andrelo e os Bravús esqätalíticos chantadinos de Liviao de Marrao!!!! Que mais podemos pedir???

Onde??? No pátio de armas do castelo!!!

Cando será??? Os concertos a partir das 23:00 horas, ou no seu defecto cando queira o señor do castelo!!

Por que?? Por que é unha obrigación histórica parar no Ponte Louco!!!

0 Comments

Thu

01

Aug

2013

2.571.000 metros de Ulträqänizäción!!! (Parte 1)

O roteiro para este longo finde se semana!!!!

Primeira parada: UESQÄN!

Pois si...

2571 Qïlómetros,

5 días de viaxe, 

234 chistes malos de ruta

2 castelos,

654 garimbas,

1 Caña Brava,

1 concurso,

3 concertos ultraqánidos,

1 sorpresa,

32 caixas de tabaco loiro,

5 noites sen durmire,

1 ford focus rancheira,

... (admíten-se suxerencias!)

 

Todo isto e moito mais temos que resumilo nunha soa entrada no Ulträ-Blogue!

 

1ª Parada

O día 8 arrincamos o carro dirección Uesca (si, Uesca), para tocar no XIV Festival Iberi@Folk das Festas de San Lorenzo! Tocaremos esa mesma noite no "2º concurso de grupos noveles" xunto a 

  • Manu Sequera (Extremadura)
  • Mosicaires (Aragón)
  • Rascanya (Països Catalans)

Así que o noso evidente obxectivo será Ulträqänizar a íbera Bolskan (BolsQän), a romana Osca (OsQän), a mozárabe Wasqa (pois si señora, Wasqän!!!) e chantala no mapa de lugares onde o ultraqanismo atopou o seu sítio!!!

UesQän será ultraqänizada!
UesQän será ultraqänizada!
O carttaz do evento! non o atopamos mais grande!
O carttaz do evento! non o atopamos mais grande!

Onde?? En Uesca, Huesca, Wasca, Osca ou Bolscan!!

Cando? Pecharemos a noite do xoves??

Ultraqanizaremos Uesqän!!!!

0 Comments

Tue

23

Jul

2013

XuvenCangas: O mellor rátio da historia de músicos por habitante???

A Santiago imos, cabalgando.....

 

A Santiago de Cangas, of course, digo of horse, digo of White Horse... digo... que me lío... que a xente da Asociación Cabalo Branco de Cangas (nem Cangas City nen do Morrazo, ollo!) son un grupo irreductível de heroes do roQänroll galaico!, que en plena voráxine de Olympus, Panoramas e similares, esta xente aínda fai que na sua parroquia a música en directo feita en galego teña o seu nicho ecolóxico no torreiro da festa, e non os merdahits das produtoras de Madrí... Viva Santiago de Cangas de Ferreira de Pantón por moitos anos!!! E que cunda o exemplo por todo o país!!!

 

 

Aló estaremos co Cé Orquestra Pantasma, cos Four Hours From Sundown, o Coletivo Bomba, o DJ Espasantes e con Michelín Rodríguez!!!

 

O magno cartaz do evento!!!!
O magno cartaz do evento!!!!

Nota whiskipédica:

 

Santiago de Cangas é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 contaba con 61 habitantes, deles 29 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

 

Nota ultraqänidä:

 

Se os habitantes de Santiago de Cangas suman aproximadamente 60 habitantes (non sabemos cantos son agora!!), e no cartaz hai aproximadamente 18 músicos... polo tanto, estamos a falar de 3,333 (período 3) habitantes por músico!!! Un dos mellores rátios de rock por habitante do mundo!!!

 

E como se nas festas da Coruña por exemplo nas festas se contrararan un total de 73843,8 músicos!!! Toma que toma!!!

 

(Nota da nota: 0,8 músicos convalída-se por un tarrañolista ou triangulista)

 

((Nota da nota da nota: esto último era unha brincadeira, non fagades caso, ho! o importante é ter salú e humorrr!!!)

Mamute pluriempregado, facendo horas extras en Santiago de Cangas como Mamute-anuncio!
Mamute pluriempregado, facendo horas extras en Santiago de Cangas como Mamute-anuncio!

Onde??? En Santiago de Cangas, Ferreira de Pantón, Terras de Lemos, Província de Lugo, Reino da Galiza, Planeta Terrrrrra!!!

 

Cando?? O 27 de xullo, saturday night fever, sunday morning resaca!!!

 

Por que?? Por que así está escrito!!!!!!!!!

0 Comments

Mon

15

Jul

2013

Estalaremos os estaleiros con sete estalos!

Mira nena.... uoh!!!!

Son como o sector naval!!!

Hei, hei!! Resistirei!!

 

(Os Resentidos 1986)

 

 

Astano era como o Dépor, facía moi bós traballos, pero non amarraban ben os resultados!
Astano era como o Dépor, facía moi bós traballos, pero non amarraban ben os resultados!

Non vale parar!!!

 

Nen vale parar de tocar, nen vale parar de facer barcos!!!

Aínda estaremos a recuperarnos do concerto da noite das Revenidas, para inmediatamente chegar a fume de corozo a San Valentín, Perlío, Fene, Trasancos, Coruña, Galiza, Europa, Mundo mundial!!

 

E aló mesmo, a escasos metros do templo do ferro custodioado polos calafates que aínda sobreviven á ofensiva globalizadora, ultraqanizaremos a ría de Ferrol xunto as qänmarradas barallobrescos de Estimaba que Viñeras, que completarán o cartaz cos Tremebundos e coa Familia Caamagno, signora!!!!!!

Non é o mesmo ir facer dedo que ir a Cerdedo. En caso de dúbida, tirade para San Valentín, ho!!! quen vos quita!!!!!!
Non é o mesmo ir facer dedo que ir a Cerdedo. En caso de dúbida, tirade para San Valentín, ho!!! quen vos quita!!!!!!

Así que, pertiño da grade onde se botou o mais grande buque da sua época, na noite estrelecida estalaremos no esteleiro como australopitecus nada estólidos!!

 

Sabemos facer barcos, abofe! Tamén sabelos amarralos, afundilos, estoupalos na ría, petalos contra o faro mais antigo do mundo, e incluso rebentar a ponte das Pías se fai falla!!!!

Onde é o concerto?? Na beira, na beira, na beira do mar...


Cando?? Á noite, que todos os ghatos son pardos!!!

 

Por que??? Por que nos chamaron os colegas do BNG!!!

 

Vide, ho!! quen vos quita!!!!

E marchamos como chegamos, con músicaaaaa... uoooh!! resistirei!!!!

Todo dentro do nosa Ofensiva de Verán 2013!!!!!
Todo dentro do nosa Ofensiva de Verán 2013!!!!!
0 Comments

Thu

11

Jul

2013

Revisitamos Revenidas!!!

Pero... pero... acougue!!! pase!!! entre!!!!

 

mire que peaso cartazzzzz!!!!!!!!

Peaso cartelón, oigha!
Peaso cartelón, oigha!
Así que este foi o cartaz do concerto que dimos pero non saimos!!!!!!
Así que este foi o cartaz do concerto que dimos pero non saimos!!!!!!

Aínda éramos un cachorros inconscientes cando aparecimos nas Revenidas dun día para outro e sen avisar, os nosos camaradas palquianos Sérra-lhe Aíí nom puideram actuar nas Revenidas 2008 xa choveu... (ou xa nevou!, como diria o outro...) e aló chegamos nós, sen curar aínda a resaca do Festivalazo da Terra e Língua, e recibindo a chamada urxente no Zapatófono, chantámonos aló mesmiño! WOUF!

 

 

 

 

E como os delincuentes sempre voltamos ao lugar do crime... pois si!!! Este ano recuncamos xunto con moitos qan-maradas galegos como Zënzar, Guezos, A Compañía do Ruido, Ruxe Ruxe, Os Diplomáticos... e facendo doblete coa Banda Fura Fura!! WOUF WOUF!!!!

 

 

 

 

Ademais, coñeceremos á nova sensasion cheghada da Terra da Chispa e trufadora do concurso de bandas revenídicas, os Maskarpone!!!

Algún anda ansioso por chegar ao festival, písalle Marsial que non cheghamos!!!!
Algún anda ansioso por chegar ao festival, písalle Marsial que non cheghamos!!!!

Onde?? En Vilaxoán de Arousa??

Cando?? Na sexta feira 19!!!!

Por que??? E por que non?????

Como chego??? Pois polo GPS. Ghíate Pola Sombra......

 

ou mesmo mira para abaixo que ben o indicamos dende onde queira!!!!

0 Comments

Mon

01

Jul

2013

UltrasBurgo!! Novo álbume de fotos!!!

Pois xa era hora!! Xusto antes (ou despois?? non lembramos!!) de tocar na Festa de Breogán fumos de sesión fotográfica, posando como posan os lepidópteros sobre as fanerogamas. Graciñas a Natalia pola pacencia e por darlle ao clique da máquina para ultrainmortalizar este intre!!!

 

Pasen e vexan, pasen e vexan!!!!

ultrasburgo2
ultrasburgo3
ultrasburgo4
ultrasburgo5
ultrasburgo6
ultraslixo2
ultrasburgo picado
ultrasburgo1
0 Comments

Wed

05

Jun

2013

Breogán tamén é un ultraqán!!!

O tito Breo xa está nervioso pensando na festa!!!
O tito Breo xa está nervioso pensando na festa!!!

Este sensacionalista encabezado do artigo é só unha excusa ultraqánida para dar pé a escomenzar o início do limiar da entrada a enorme e magnífica FESTA DE BREOGÁN!!! (pronunciar esto en voz alta e cunha treboada detrás de atrezzo)... organizada polas cabeciñas pensantes de Dalleqlibras!, si! esa xente que non se para ante nada se o seu obxectivo é encher os nosos ollos de luz e os nosos bandullos de cor!!

 

 

 

 

Cando será isto? O do xoves 13 ao luns 16 de xuño

Onde? No paseo marítimo do Burgo en Culleredo, será fácil de localizar, ho!!

Por que?? Porque escomenza o verán e hai-no que celebrar a morrer!!!!

 

En realidade todo esto é unha excusa porque queremos pestruchear coa nosa musa, a Chorbicelta criadora das suas fantabulosas queimadas!!!
En realidade todo esto é unha excusa porque queremos pestruchear coa nosa musa, a Chorbicelta criadora das suas fantabulosas queimadas!!!

Ademais que estaremos en plena ofensiva festeira cos nosos camaradas da FANFARRIA TAQUIKARDIA e os nosos compañeiros de TÁTARA TRIO!!

 

Énche-nos todo isto de orgullo e satisfacción! Miren, donas e cabaleiros o cartaz con suculentos prezos e gorentosa oferta artística!!

Eiquí será o lugar do delito!! (non ten nada que ver co lugar do de Lito, ollo!!!) :D

0 Comments

Tue

21

May

2013

Ulträqänizäremos Lugo contra os wertedoiros wertgonhentos!!!

Grande noite no templo lughés da múseca!
Grande noite no templo lughés da múseca!

Pois si, señora, sabemos que é a época da ofensiva do wertgonhento estado de wertedura social e de wértixe de wertmes que tentan inwertir o noso natural estado de paz, tentando deswertebrar-nos co martelo wertical do nacional-catoliclismo (que ven do cataclismo católico)

 

Sawertmos que wertñen por nós, por todas, pero dá-nos igual, porque como dixo o poeta "estamos no cumio dos tempos, no límite fronteira da crúa realidade, xuntos iremos conquistar o mundo co berro de vou-te peneirare" eis o noso berro de ultraresisténcia ulträqänida que poderemos dar a próxima sexta feira na mitiquérrima Sala Clavicémbalo, evento organizado pola brava tropa do  Lar da Cultura do País!! e a rapazada da Liga Estudantil Galega!!!

 

NON Á LOMCE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! WOUF!!!!!!!

 

 

E que rabeen os repunantes!!!

 

Jose Ignacio co seu camarada Bieito de seguro que non veñen ao concerto, non!
Jose Ignacio co seu camarada Bieito de seguro que non veñen ao concerto, non!

Cando??? Pola noite!! Pasadas ás 23:42 da noite!!!!

Por que??? E aínda o perguntas???

Onde???? Siga o mapa de abaixo, señora!!!

0 Comments

Mon

13

May

2013

God Save The Castro! Poesía e Rock en Carballo!!

Porque estamos a celebrar o que hai que celebrar. Nada mais e nada menos que o SESQUICENTENÁRIO ( se sae no Estraviz  é que existe, abofé!) a chegada ao mundo de nada mais e nada menos que o senlleiro poemario de Cantares Gallegos! Si, señora, da nosa diva a enormér-rima Rosalía!

Isto son os metacarpianos, mirusté!
Isto son os metacarpianos, mirusté!

Si, amigos, esas obras pictóricas extraidas do interior do encéfalo de Mr. Javi Prieto, previo paso polos seus metacarpianos. Eses osos da man que como o seu nome indica, son para tocar o piano!

 

Pero imos ao chollo!! Por que? Por que dunha idea parida na mesmísima sala A reserva; a xente de Normalización Lingüística do Excelentísimo Concello de Carballo, da Concellaría de Cultura, da Concellaría de Mocidade e a propia Sala A Reserva están argallar esta Excelentísima inciativa enCántame en Galego, cos amigos das  Ataque Escampe e mais os Balakandra! E todo para celebrar o sesquicentenário do libro mais famoso da nosa Ulträ-Divä!! GOD SAVE THE CASTRO!!! BIBA!! BIBA!!!

E logo... cando será o choio??: Na quinta feira, 16 de maio!!

E... onde será o choio?? Na mítiquísima Sala A Reserva de Carballo!

E logho... cando é?? Pola manhá fixo que non!! Mais ben ás 11 da noite!

Mirade o mapiña, ho!!

 

0 Comments

Thu

25

Apr

2013

Lemures revolucionários. Discos da Montanha. Aniversários pasados, presentes e futuros

Mmmmmm Pensando...

Ulträ-lemur escribindo con nós o blogue!
Ulträ-lemur escribindo con nós o blogue!

Como dar xeito a unha cousa intelixível, escrita dentro duns mínimos cánones de decoro e decencia, correcta morfosintácticamente e que teña certa coerencia lóxica ou similar..

 

 

 

 

 

Ou polo menos que quede algo semellante a un lemur: Primitivo pero resultón.

Por que toda esta deliberación aparentemente inocua? Por que todo este introito que xa se está a alongar excesivamente sen nengún tipo de motivo racional?? Por que todo???

 

A ver, pistas...

 

Zeca Afonso, Manzaneda, Maçeda de Trives, Disco, Aniversário, Cuchufellos, Crítico de Jazz, Revolução, Banda Fura Fura...

 

Será porque temos que xuntar nun só artigo todo esto e sen esquecer de anunciar que temos un novo tema ulträqänido no CD recompilatorio que acaban de sacar os nosos irmáns da Rebusca de Manzaneda??

Pois para escomenzar... Si!! señoras e señores,  Os Cuchufellos, eses mesmos craques humanos que organizan unha e outra vez o tremendo-de Festival en pleno corazón do Macizo Central Galaico??? A Rebusca!!

 

 

Pero por favor.... acompáñenos e bótelle unha ollada a esta creación musical-tipo-kolkhoz!

Capa do CD: Clique para ler!
Capa do CD: Clique para ler!

Colegas e qämärädäs de ulträ-rotä estamos todos acó arrexuntados! Que bonito! Diga que si!!

Contracapa: Prema para ver que pon!!
Contracapa: Prema para ver que pon!!

Os Ulträqäns ficamos moi contentes de participar no disco co noso bucólico tema "Matar" :D

Pero....

 

ineludivelmente....

 

Ao tempo temos que falar de que hoje (aínda que já é pola tardinha) 25 de abril, Sempre!!

Comemoramos a histórica data, onde os nossos irmãos pugerom as cousas no seu sítio (ainda que nom puiderom rematar a jogada...) e nós mesmos, os Ulträqäns, apresentamos já há 2 anos o nosso primeiro ulträdisqö, na Revolta dos Chocos!!!

Histórico cartaz, hoygan!!
Histórico cartaz, hoygan!!

Depois de todo isto, só podemos dicer que algo novo se está a cocer... pero non podemos adiantar nada mais! Así que, lembrando no 25 de abril ao grande qämärädä Zecä Äfonso, deixamos-vos coa Banda Fura Fura!! o proxecto que recuncará tamén este ano 2013, onde tamén anda algún que outro ulträqän!!

 

Boas e revolucionárias noites!!

 

WOUF!!

0 Comments

Wed

17

Apr

2013

A Carricanta e Formiga unidas xamais serán vencidas!!!

A Carricanta ensaiando e a formiga montando o palco. A unión fixo a forza. Agora dirixen entre as duas un kolkhoz socialista!!!!!
A Carricanta ensaiando e a formiga montando o palco. A unión fixo a forza. Agora dirixen entre as duas un kolkhoz socialista!!!!!

Porque polo inverno, primavera ou outono, a carricanta e a formiga deixaron as estúpidas liortas e rematarom por asociar-se como boas irmás invertebradas. A forza do traballo coa forza dos artistas. Ao final xuntas enxergaron unha cooperativa de traballo social alternativa e incluso remataron adoptando unha família de 4.592 ovos de piolliños que remataron por eclosionar e por fundar unha grande insectocomuna onde compaxinaban as paparotas coas drogas psicotrópicas claramente ilegais. E viveron nun mar de ledicia!

 

Podía ser así, señora o final do conto... ou o principio de todo! Ao igual que fan esta rapazada de Taragoña que están a currar todo o ano organizando eventos coma este para logo cando chegue o verán, teñan todo listo para celebrar o festivalazo de Antrospinos!!

 

E nós, que xa ulträqänizamos no 2011 Taragoña, recuncaremos este fin de semana, porque as festas son para rachalas!!!

Se non chove, será no Campo de Arriba, en Rianxo.

Se chove, será no local social de Taragoña!!

Se neva... non sei, mellor preguntámolo a Feijóo!

0 Comments
A tod@s menos a un!! ;)
Feliz Ulträ-Äno 2013!!!!

Write a comment

Comments: 7
  • #1

    ultraqans (Sunday, 30 December 2012 21:10)

    Ben vidos á ultraweb, agardamos os vosos comentarios!!

  • #2

    oleiros70 (Monday, 31 December 2012 18:49)

    Boa página, companheir@s, muita boa sorte e parabéns.
    Bom Ano!
    Saúde ultaqänica :)

  • #3

    wróżka online (Wednesday, 14 December 2016 03:31)

    piski

  • #4

    psychics uk (Wednesday, 14 December 2016 16:25)

    hospices

  • #5

    Obat Penyakit Darah Tinggi Secara Herbal (Saturday, 17 June 2017 09:15)

    very interesting article , thanks

  • #6

    Rahasia Kuat Ereksi Permanen (Tuesday, 29 August 2017 07:48)

    Thank you , Nice Post !

  • #7

    Cara Mengobati Buah Zakar Sebelah (Saturday, 09 September 2017 04:24)

    Thank you very much for the information , very fortunate to be able to visit a nice and useful articles like this, the success of our greetings

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR