ULTRÄQÄNS

PUNK FOLK PROGRESIVO

Folla Ultraqans 2013
promo galego 16-1-13.pdf
Adobe Acrobat Document 198.9 KB

punk-folq-progresivo

Limiar de milenio. ( ano VI da eraUlträqänidä ). Putrefacción do sistema, ofensiva   das forzas facciobrutais contra os habitantes do orbe.Chegou a hora de dar unha resposta Qänidä!!! O metalo-choco despreguíza-se.Os setentäqulos desferrúxan-se. A   maquinária está engraxada e con todas as revisións pasadas satisfactoriamente.O   artilleiro-frautista   Aarón,   o   maquinista-       percutivo Amil e o   piloto-baixo Antón contan agora na tripulación   co enrolamento de Manu á   guitarra, encarregado de facer manobrar a   ulträgamela para coller o mellor peixe, señora!!

 

Somos os   mesmos qäns, pero   mudamos de correa   incorporando temas novos ao repertório, con mais paixón e mais quilo-estalos dos que xamais foran   concebidos!Ulträqäns 2013 é un qän con catro patas e rabo. Para as grandes ocasións, o saxofonista Pablo Añón, mestre do bebop e da improvisación libre súmase   aos ulträqoncertos creando o que se denomina o Ulträqänäzo.Vostede, señora, non fique sen Ulträqänizär!!!


ULTRÄQÄNICE-SE SENHORA!!!

ULTRÄQÄNICE-SE!!!!

 


Módulos de contratación:

Ulträqäns 4 músicos: O cerne punk-folq

Ulträqäns 5 músicos: A metal-morfose progresiva

 

 


Algúns dos territorios mais próximos Ulträqänizados nas últimas ulträxeiras foron: Grelo Folc de Monfero, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Rebumbio de Mos, Lugnasad de Bretonha, Festigal de Compostela, Festa da Carballeira de Zas, Festa Folc de Vilariño, Festival da Chaira, Festas da Dorna, Antros Pinos de Taragoña, Magosto Celta de Balboa, Festival As Revenidas de Vilaxoán, Terra e Língua de Artábria, Festival de Naraio, Festival da Poesia de Salvaterra, Festival de Pardiñas, Terra Brava do Íncio… até chegar logo alén dos petoutos no Womad de Cáceres, no Festival Mendebala de Bizkaia, ou en Nafarroa, Gasteiz, Vallekas, Valladolid ou Segovia…


Ulträcontacta en:

630 27 63 31 // 650 67 60 19

ultraqans@gmail.com

 

 

Tamén en:

myspace , Facebook , Twitter , Cabozo e Unnium.

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR