A Tribu toda Baila, Tributo a Os Resentidos (2012)
A Tribu toda Baila, Tributo a Os Resentidos (2012)

Disco Tributo aos Resentidos. Nós Ulträqänizamos o tema "Alcoólica", do seu álbum "Vigo, Capital Lisboa" (1984)

Alcoólica

Os Resentidos celebran o seu 30º aniversario por partida dobre, co regreso aos escenarios e mais coa publicación dun disco tributo á banda.

 

No primeiro volume participan 19 músicos e bandas que versionan temas que xa forman parte da nosa memoria colectiva, como Galicia Caníbal ou Sector Naval; mentres que no segundo se poden atopar as versións orixinais dos Resentidos agora remasterizadas.

“A Tribo Toda Baila” contou coa produción de Rafael Campoy e Xabier Olite. Como ramistas da comisión de festas traballaron Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro, Roberto Sobrado, Marcos Paino e Daniel Salgado.

 

Aquí tes os encargados de redescubrir os dezanove temas que se inclúen neste “A Tribo Toda Baila”.

 

1. Abdul - The Homens
2. Sector naval - Safari Orquestra
3. Himno dos Percebes Benz - Tony Lomba & Elio dos Santos
4. Mestura - Novedades Carminha & Antigüedades Álvarez
5. Galicia, sitio distinto - El Puto Coke a.k.a Coke Céspedes
6. Música feliz - Ataque Escampe
7. Compañeiro - A Magnifique Bande dos Homes sen Medo
8. Minusválida - Metralletas Lecheras
9. Atlántico - Roberto Sobrado
10. Zoo Lóxico - Miki Nervio and The Bluesmakers
11. Alcóolica - Ultraqäns
12. Jet Society - DasKapital
13. Cumbia China - Orquestra Alma Latina
14. Tumbao - O Sonoro Maxín
15. Kampunchea - Transilvanians
16. Economía sumerxida - Os tres trebóns & Os homes sen medo
17. Galicia Caníbal - Ruxe Ruxe
18. Bambán - Pulpiño Viascón
19. In the guetto - Emilio José

Comments: 0

ESCOITA O NOSO DIRECTO NA RADIO GALEGA!

O 91,38% dos Deseños da páxina son de  Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe,  señora!
O 91,38% dos Deseños da páxina son de Mr. Javi Prieto. Clique na imaxe, señora!

Sígue-nos!

Subscríbe-te ao RSS da web ulträqänida.

Ulträqäníce-se!!

Qömpartir!

Ulträvisitäs!

contador de visitas

Punk-Folc-Progresivo

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.

 

Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.

Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.

Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.

Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.

Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.

Que o desfruten. Chipirixouba!

Esta é a nosa tenda!

UlträTwitter!!!

Ulträfotos!!!

10382852_788396971178250_9006250188964053634_n
560838_10201800568195445_110366526_n
2013-08-11 01.47.55
2013-08-11 01.45.45
2013-08-11 02.44.41
2013-08-10 23.58.44
2013-08-11 01.44.08
IMG-20130727-WA0000
IMG-20130728-WA0000
ULTRAQANS - Xira Irixoa_03
Este é o noso UlträCódigo QR
Este é o noso UlträCódigo QR